Extel, cun persoal duns 650 asalariados, é unha das grandes empregadores do outrora puxante sector do telemarketing na Coruña. Un dos principais sindicatos do persoal, a CIG, convoca hoxe unha folga e denuncia que a empresa tenta boicotear o paro sorteando premios de 100 euros a todos o non falten nin un día esta semana. Os despedimentos por ausencias, neste caso por causa médica, son precisamente un dos motivos da huega.
Segundo o sindicato, a firma - que traballa para clientes como Movistar e que Adecco vendeu hai pouco a Analytics Business Solution - tenta aplicar un "ERE encuberto". Faríao aproveitando o punto da Reforma Laboral -os despedimentos xustificados por acumular baixas médicas- que o novo Goberno parece ter máis présa en derrogar. A de hoxe é polo menos a segunda xornada de paro convocada polo sindicato nacionalista este ano nunha importante compañía, que ademais esta en pleno proceso de negociación do convenio colectivo.
Os traballadores e traballadoras de Extel, do grupo Adecco, están chamados a secundar unha xornada de folga de 24 horas o luns, día 9, contra os despedimentos "por enfermar", segundo infor
man a CIG e CCOO.