Os despedimentos "por estar enfermas" na contratista de Movistar Extel causan hoxe outra folga
Extel, cun persoal duns 650 asalariados, é unha das grandes empregadores do outrora puxante sector do telemarketing na Coruña. Un dos principais sindicatos do persoal, a CIG, convoca hoxe unha folga e denuncia que a empresa tenta boicotear o paro sorteando premios de 100 euros a todos o non falten nin un día esta semana. Os despedimentos por ausencias, neste caso por causa médica, son precisamente un dos motivos da huega.
Segundo o sindicato, a firma - que traballa para clientes como Movistar e que Adecco vendeu hai pouco a Analytics Business Solution - tenta aplicar un "ERE encuberto". Faríao aproveitando o punto da Reforma Laboral -os despedimentos xustificados por acumular baixas médicas- que o novo Goberno parece ter máis présa en derrogar. A de hoxe é polo menos a segunda xornada de paro convocada polo sindicato nacionalista este ano nunha importante compañía, que ademais esta en pleno proceso de negociación do convenio colectivo.
Extel, cun persoal duns 650 asalariados, é unha das grandes empregadores do outrora puxante sector do telemarketing na Coruña. Un dos principais sindicatos do persoal, a CIG, convoca hoxe unha folga e denuncia que a empresa tenta boicotear o paro sorteando premios de 100 euros a todos o non falten nin un día esta semana. Os despedimentos por ausencias, neste caso por causa médica, son precisamente un dos motivos da folga.
Segundo o sindicato, a firma - que traballa para clientes como Movistar e que Adecco vendeu hai pouco a Analytics Business Solution - tenta aplicar un "ERE encuberto". Faríao aproveitando o punto da Reforma Laboral -os despedimentos xustificados por acumular baixas médicas- que o novo Goberno parece ter máis présa en derrogar. A de hoxe é polo menos a segunda xornada de paro convocada polo sindicato nacionalista este ano nunha importante compañía, que ademais esta en pleno proceso de negociación do convenio colectivo.
Folga contra a penalización e os despedimentos por enfermar organizada este xaneiro | CIG
Con motivo deste paro, a central convocou tamén unha concentración, ás 12 horas, diante das oficinas de Extel no Edificio Proa, en Matogrande.
CAMBIO NO CRITERIO DE XUSTIFICANTES MÉDICOS
No seu comunicado, a CIG afirma que seguirán mobilizándose ata que a empresa "ceda ou haxa unha sentenza xudicial" porque, engade, que non poden "consentir" que haxa despedimentos de traballadores "por estar enfermas ou enfermos e que non se validen agora, por unha decisión unilateral, os xustificantes médicos que si serviron durante máis de 20 anos"Ademais, argumenta que "á marxe do prexuízo económico que implica que agora o persoal véxase obrigado a coller unha baixa aínda que sexa dun só día, o máis grave é que a empresa pretenda empregar esta estratexia para xustificar despedimentos en base a un suposto absentismo, acolléndose ao artigo 52d do Estatuto dos Traballadores".
Para a CIG, o obxectivo da empresa "non é outro que aplicar un ERE encuberto a un baixo custo, aproveitando que a reforma laboral do PP facilitou os despedimentos obxectivos por baixas laborais de curta duración".
Escribe o teu comentario