Ríos desbordados, cortes de luz, voos desviados e estradas cortadas por mor do temporal que ten a Galicia en alerta vermella

A rede eléctrica de Naturgy rexistrou picos de ata 8.000 incidencias por corte de subministración á longo da mañá deste xoves a causa do temporal de vento e choiva que afecta a Galicia, mentres que os fortes ventos e as choiva choivas afectaron a varios voos con destino a aeroportos galegos, segundo informa Aena.


|

A rede eléctrica de Naturgy rexistrou picos de ata 8.000 incidencias por corte de subministración á longo da mañá deste xoves a causa do temporal de vento e choiva que afecta a Galicia, mentres que os fortes ventos e as choiva choivas afectaron a varios voos con destino a aeroportos galegos, segundo informa Aena.


Neve

A neve obriga a extremar a precaución nas estradas | Foto: @AEGCGalicia


En concreto, tres voos que tiñan destino a terminal de Alvedro, con orixe Madrid, Barcelona e Sevilla, tiveron que desviarse ata Lavacolla ao longo desta mañá de xoves. Pola súa banda, un voo que facía o roteiro entre Madrid e Vigo tivo que volver á capital de España ao redor das 11,30 horas deste xoves. 


CORTES DE LUZ

Doutra banda, segundo fontes de Naturgy consultadas por Europa Press, as áreas máis afectadas polos cortes de subministración eléctrica foron os municipios coruñeses de Oleiros e Miño e a costa do sur de Pontevedra, especialmente nos concellos de Vigo e Nigrán.


Así, ao longo da mañá o número de incidencias por cortes de subministración moveuse entre as 5.000 e as 8.000.


Rúas asolagadas

A situación dos ríos tamén é preocupante esta xornada | Foto: @AEGCGalicia


Con todo, fontes de Naturgy aseguran que a situación está " normalizada" e que as brigadas traballan en colaboración cos servizos de emerxencia (Protección Civil, Policía Local) para restablecer a subministración naqueles puntos que permanecen sen corrente.


ESTRADAS CORTADAS

O temporal non só estase sentindo na costa, senón que no interior tamén deixou unha boa cantidade de saraiba e raios. 


Esta situación puxo en alerta aos servizos de emerxencias, que instan a ter especial precaución na estrada esta xornada. De feito, varias estradas xa sufriron os efectos do temporal, xa que os fortes refachos de vento derrubaron árbores ou tirado ramas que cortaron o tráfico nalgúns puntos da rede viaria. 


Nas zonas de montaña de  Ourense e Lugo a neve deixou a máis dun milleiro de escolares sen poder asistir a clase, ademais de provocar saídas de vías e outras incidencias de diversa consideración. Ademais, desde os servizos de emerxencias están especialmente preocupados por a situación dalgúns ríos galegos, en risco de desbordarse e provocar inundacións.


Outro dos puntos afectados é Abegondo, onde se atopa a cidade deportiva do Deportivo da Coruña, onde o temporal causou desfeitas considerables. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE