O ex-conselleiro Blanco reclama ao Estado 232.000€ polos atrasos de De Lara e Orozco recorre o caso Garañón


"Coincidimos coa instrutora en que os cachorros son seres que senten, afectados ás veces de tensións, pero, e os investigados? " razoa o defensor do ex-alcalde de Lugo. Por outra banda, o ex-conselleiro de Industria reclama á Xustiza 232.000 euros tras sufrir nas súas carnes os "atrasos indebidos" polos que Pilar de Lara foi sancionada. Fernando Blanco presentou unha reclamación patrimonial ao Ministerio de Xustiza alegando o "funcionamento anormal" dos xulgados. 


|

"Coincidimos coa instrutora en que os cachorros son seres que senten, afectados ás veces de tensións, pero, e os investigados? " razoa o defensor do ex-alcalde de Lugo. Por outra banda, o ex-conselleiro de Industria reclama á Xustiza 232.000 euros tras sufrir nas súas carnes os "atrasos indebidos" polos que Pilar de Lara foi sancionada. Fernando Blanco presentou unha reclamación patrimonial ao Ministerio de Xustiza alegando o "funcionamento anormal" dos xulgados. 


Así o fixo público Xosé Antón Pérez Lema, avogado do ex-político do BNG. Precisamente, Lema argumenta que a carreira política do seu defendido truncouse ao imputalo de Lara. Imputación que unha instancia superior arquivou o ano pasado, sete anos despois . "A súa carreira política quedou totalmente liquidada", razoa o letrado.


Fernando Blanco Cos seus Avogados, Pérez Lema E Evaristo Nogueira

Fernando Blanco con Pérez Lema, á dereita, nunha pasada rolda de prensa



É moi pouco frecuente que o Ministerio de Xustiza atenda este tipo de reclamacións. Agora ben, Pérez Lema ten unha boa baza. O CGPJ ratificou este mes a sanción á xuíza por, precisamente, as dilacións indebidas en causas como a Campión, ao fío da cal foi imputado o ex-mandatario ata que a Audiencia Provincial ordenou o arquivo.


A dureza sanción é ademais inusual nunha Xustiza que tende a protexer aos seus maxistrados. Os sete meses e un día implican que De Lara perde a súa praza en o  Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo. "Está a recoñecerse unha desatención que prexudica gravemente a Fernando Blanco" argumenta o seu defensor, que pide 12.528 polos gastos xurídicos que lle supuxo ao ex-conselleiro.


O LETRADO DE OROZCO FALA DE "REPRESARIA" CONTRA O SEU DEFENDIDO

José López Orozco tamén move ficha. O exalcalde de Lugo acaba de recorrer o auto de De Lara que pon fin á instrución de O Garañón, manténdoo acusado de prevaricación, tráfico de influencias, contra a ordenación do territorio e falsidade documental.


A xuíza ditou ese auto xusto o día antes de que o CGPJ tivese que decidir a súa sanción. Unha "represaria" contra Orozco, en opinión do seu defensor. “Non hai indicios claros e describe unha situación como novelada” engadiu o avogado do exedil socialista en declaracións a COPE Lugo. Gregorio Arroyo comparou, ademais, o atraso nos sumarios de corrupción fronte á "inusitada rapidez" en casos como a investigación da caída dunha cadela por unha xanela.


"Coincidimos coa instrutora en que os cachorros son seres que senten, afectados ás veces de tensións, pero, e os investigados?, do xénero humano, non o son? Poden permanecer durante anos baixo sospeita, afectando gravemente á súa contorna familiar, profesional e político?”, cuestiona no recurso o letrado, mesturando no debate o coñecido activismo da xuíza en favor dos dereitos dos animais.


O AVOGADO DE BESTEIRO ALERTOU DE "TINGUIDURAS DE PREVARICACIÓN"

Orozco non é o único afectado polo Caso Garañón que recorre o auto do fin da instrución. Ao pouco de coñecerse, o avogado do ex-líder do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro anunciou que recorrería un escrito con "tinguiduras de prevaricación".


"Ditou a fume de carozo, en pleno período prelectoral, tentando facer o maior dano posible, como sempre, un auto que, segundo o noso criterio, imos recorrer ante a Audiencia Provincial, podería ter tinguiduras de prevaricador, pola forma na que adoptou pola forma na que se levou e como realizou toda a investigación" valorou este setembro Cándido Conde - Pumpido en declaracións a Galiciapress. 


PILAR DE LARA PISA O ACELERADOR

Por agora, Pilar de Lara segue á fronte do xulgado, a pesar de que o CGPJ rexeitou o seu recurso no 7 de novembro. Esgotouse así a vía administrativa, pero á xuíza queda o recurso ante o Supremo. 


O seu defensor xa anunciou que a xuíza pretende "axilizar" todo o que pode as macrocausas que segue instruíndo. Agustín Azparren indicou que De Lara busca acelerar as instrucións antes de que o Supremo decida se suspende a sanción mentres revisa o seu recurso. 


"Imos tentar acabar todo o que teña e para iso temos esta marxe de tempo (que se iría ata xaneiro do próximo ano unha vez interposto recurso de suspensión de execución da sanción)", explicou tras coñecer a ratificación da sanción.






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE