"Coincidimos coa instrutora en que os cachorros son seres que senten, afectados ás veces de tensións, pero, e os investigados? " razoa o defensor do ex-alcalde de Lugo. Por outra banda, o ex-conselleiro de Industria reclama á Xustiza 232.000 euros tras sufrir nas súas carnes os "atrasos indebidos" polos que Pilar de Lara foi sancionada. Fernando Blanco presentou unha reclamación patrimonial ao Ministerio de Xustiza alegando o "funcionamento anormal" dos xulgados.
A presunta filtración de sumarios desde o Xulgado de Pilar de Lara está xa sendo investigada pola Fiscalía de Lugo. Así llo confirmaron hoxe fontes oficiais da Fiscalía Superior de Galicia a Galiciapress. Un turbio asunto, que pode ter consecuencias en importantes sumarios sobre corrupción.
Despois de nove anos de instrución, a xuíza manda procesar ao ex-líder do PSdeG e da Deputación e ao ex-alcalde de Lugo a poucas horas de coñecerse se vai perder o seu posto ao ser sancionada polos seus superiores por dilacións indebidas
A Audiencia Provincial dita o "sobresemento provisional" do ex-alcalde de Lugo nunha parte da Operación Pokemon. É a sexta desimputación ao ex-líder do PSOE lugués e un novo pau dos seus superiores á instrutora. Desde a Deputación reclámase un exame do polémico labor da xuíza.
A instrución interminable da xuíza De Lara fai que o ex alcalde lugués se desafogue no seu Twitter.