Orozco indica que a instrución de De Lara "nunca tivo sentido" tras o peche da instrución da Pokemon

O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pronunciouse este venres tras o peche da investigación principal da operación Pokémon, aberta en 2011 pola exxuíza do xulgado de instrución número uno Pilar de Lara, para confiar en que pronto pase "esta longa noite de pedra"

|

Só un político, González Liñares, segue investigado na causa xunto a unha ducia de empresarios. Liñares é o único cargo que foi condenado, por outra peza por mor da macroperación que  fixo tremer a política galega.


Arquivo - Xosé Clemente López Orozco, alcalde de Lugo

 
O exalcalde de Lugo, Xosé López Orozco, pronunciouse este venres tras o peche da investigación principal da operación Pokémon, aberta en 2011 pola exxuíza do xulgado de instrución número uno Pilar de Lara, para confiar en que pronto pase "esta longa noite de pedra"

En concreto, o xulgado concluíu a investigación da peza principal desta causa e ordena que a mesma se siga contra trece sospeitosos, entre os que figura o exconclleirode urbanismo na primeira etapa de Orozco e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares, a súa muller e once empresarios.


Orozco quixo aclarar que a causa contra a súa persoa está arquivada "desde o ano 2018 por un auto da Audiencia Provincial" e outro do 2017 respecto a as acusacións sobre "todo os relacionado coa fábrica da luz e os autobuses.

O xuíz mantén que hai indicios de delito na concesión do servizo do guindastre por parte do concello de Lugo á empresa asturiana Cechalva, en 2005, así como a existencia dunha caixa B na compañía para realizar os pagos pactados por conseguir a adxudicación do servizo.


"Estase quedando todo no que se ve que está a quedar, algo que nunca tivo sentido tal e como se realizou"

 


Orozco puntualizou que o caso se mantén tras aceptar a Audiencia "o recurso dun implicado" e ordenar estudalo xunto coa Pokémon". "O maxistrado no auto de onte recolle ao pé da letra o que dixo o xuíz no ano 2017", resolveu

É por iso que "unicamente" queda que se acepte o recurso do fiscal onde se lle exculpa "de todo o que fai referencia a ORA". "Con iso, esa longa 'noite de pedra' espero que pase de min", sentenza.

"Estase quedando todo no que se ve que está a quedar, algo que nunca tivo sentido tal e como se realizou", lembrou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE