A empresa de cátering inspeccionada pola onda de alerxias é unha das grandes provedoras de escolas e institutos públicos de Galicia


A compañía salpicada pola reiteración de alerxias presuntamente provocadas por menús en centros de educación pública é Airas Nunes Cátering, segundo confirmáronlle fontes oficiais da Xunta a Galiciapress esta mañá. Trátase dunha marca de Freire Chico SL , firma compostelá das máis importantes do sector da restauración e que leva anos traballando para ducias de escolas infantís e institutos.


|

A compañía salpicada pola reiteración de alerxias presuntamente provocadas por menús en centros de educación pública é Airas Nunes Cátering, segundo confirmáronlle fontes oficiais da Xunta a Galiciapress esta mañá. Trátase dunha marca de Freire Chico SL , firma compostelá das máis importantes do sector da restauración e que leva anos traballando para ducias de escolas infantís e institutos.


Galiciapress púxose en contacto esta mañá coa sede da empresa no Polígono do Tambre. Desde a compañía limitáronse a confirmar que foran inspeccionados por Sanidade e que están á espera da resolución, polo que prefiren por agora non facer máis declaracións.


Galiña azul feijóo

O presidente da Xunta nunha pasada visita a unha Galiña Azul



CASOS EN MÚLTIPLES LOCALIDADES EN DÚAS SEMANAS DIFERENTES

Pola súa banda, desde a Xunta explícase  que  "onte en Galicia rexistráronse varios casos de reaccións alérxicas leves en escolas infantís" pois "a algúns dos nenos aparecéronlles manchiñas vermellas que desaparecían nuns dez minutos". Os casos detectados coñecidos producíronse en escolas de Cangas e A Coruña.


Fontes oficiais da  Consellería de Política Social engaden que "foron aínda máis leves que o episodio que se rexistrou o pasado venres 18 de outubro". Refírense ás alerxias provocadas en escolas de Cangas, Fene e Marín a semana pasada. A  Administración sospeita que se debeu a unha castañeta mal conservada, posiblemente porque fallou a cadea de frío.


A Xunta confirma que os seus inspectores tomaron mostra do menú do martes, crema de brócoli con cabaza e carne de pito con pasta, que "se cambiou en canto detectáronse os primeiros casos". "Estes profesionais están a investigar a orixe que pode ter esta reacción alérxica e a súa posible relación con outro episodio que tivo lugar en outubro", engade. A investigación inclúe unha segunda inspección á sede da "a empresa que xestiona as cociñas das escolas infantís afectadas, Airas Nunes Cátering". 


Sobre as consecuencias do incidente, o Goberno lanza diferentes mensaxes. Por unha banda, de tranquilidade ás familias, ante a "levedade das reaccións". Agora ben, cualifica de "intolerable" o sucedido polo que "ademais da investigación en curso" promete tomar "todas as medidas necesarias". 


Segundo a información oficial da Plataforma de Contratos de Galicia e o DOG, esta empresa gañou numerosas adxudicacións para subministrar comida a centros públicos. É por tanto, unha empresa con moita experiencia no sector, que leva traballando para a Xunta polo menos desde 2011.


A adxudicación máis recente publicada na citada Plataforma é para o curso 2018/2019.  Freire Chico SL fíxose con catro lotes, que  foron formalizados este febreiro en contratos por máis de 240.000 euros.


COMIDAS ESCOLARES A 3,9 EUROS

A lista de centros deses lotes inclúe centros de infantil e secundaria: o CEIP Bergantiños de Carballo, CEIP de Gándara - Sofán de Carballo, CEIP Celso Emilio Ferreiro  de Cerceda,  CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Malpica, CEIP Milladoiro de mapica, IES Agra de Leborís da Laracha, IES Monte Neme de Carballo, UES Terra de Xallas de Santa Comba, IES Fonmiñá da Pastoriza, IES Enrique Muruais da Pastoriza, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, IES Basanta Silva de Vilalba e IES Lucus Augusti de Lugo. En todos os casos o prezo por menú que lle permitiu gañar o concurso é de 3,90 euros.


UNHA EMPRESA GALEGA CON MOITA EXPERIENCIA

En 2014 a mesma escola gañou todos os lotes do contrato do servizo de comedor para a Rede de Escolas Infantil de Galicia, por un importe global de 5 millóns de euros aproximadamente.  En 2015 gañou un lote do Consorcio de Benestar para servizo de cátering nas escolas infantís. Por entón a  Xunta destacou a súa"oferta técnica moi completa que destaca por garantir a utilización de produtos frescos na elaboración dos menús"


Trátase, pois, dunha das importantes no sector do cátering en Galicia e que traballou durante anos en diferentes centros sen que, ata os casos deste outono, aínda por aclarar definitivamente; fose salpicada por incidentes alimentarios, coma si sucedeu con outros grandes operadores do sector.



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE