A xuíza do tarot sancionada por tramitar indultos a algúns presos
O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) suspendeu dous meses á maxistrada María Jesús Pérez García, tamén coñecida como a 'xuíza do tarot', por tramitar indultos a varios internos en centros penais cando era titular do Xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo.
A polémica maxistrada-adiviña cometeu unha falta "moi grave" pero só foi sancionada con dous meses de suspensión. A falta ten que ver co seu pasado labor en Lugo. Agora leva meses traballando nun xulgado de violencia de xénero da Coruña.
A xuíza fíxose famosa por prestar servizos de tarotista que anunciaba con estes folletos
A Comisión Disciplinaria ha acordado sancionar á maxistrada no exercicio das súas funcións por entender que cometeu "unha falta moi grave de ignorancia inescusable", prevista no art. 417.14 da LOPJ, cando era titular do mencionado xulgado.
Pérez García estivo destinada nese órgano xudicial entre novembro de 2016 e xuño de 2019. Segundo trasladaron fontes xudiciais, o caso está relacionado con varias resolucións ditadas pola maxistrada no marco da tramitación de expedientes de peticións de indulto a internos en centros penais.
INDULTOS A CERTOS PRESOS
O promotor de Acción Disciplinaria abrira un expediente disciplinario por conceder indultos parciais a presos de Monterroso cando era xuíza de Vixilancia Penal en Lugo, unha competencia do Goberno central.O ano pasado o promotor de Acción Disciplinaria do CGPJ abriu outro expediente á entón titular do xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo, María Jesús García Pérez, pola suposta comisión dunha falta "moi grave" por, supostamente, anunciarse como tarotista e vidente e levar a cabo estas prácticas, incompatibles coa función de xuíza.
UN HISTORIAL REPLETO DE POLÉMICAS
A maxistrada xa fora investigada por anunciarse como tarotista e vidente e levar a cabo estas prácticas. En concreto, repartía panfletos publicitarios anunciándose como tarotista e vidente "con gran experiencia en botar as cartas de tarot".
Escribe o teu comentario