Pedro Sánchez vai camiño de poder gobernar con Cidadáns ou Podemos, segundo a enquisa do CIS a nivel estatal
Séguenlle o PP (74-81), Unidas Podemos (37-45), Cs (27-35), Vox (14-21) e Máis País (3-4).
O barómetro prelectoral do CIS, sempre polémico, dá unha vitoria clara para os socialistas tanto a nivel galego como estatal. Hai que ter en conta, iso si, que é previo á sentenza sobre Cataluña e aos disturbios.
O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) outorga unha clara vitoria ao PSOE, que obtería entre 133 e 150 escanos. Seguiríalle o PP (74-81), Unidas Podemos (37-45), Cs (27-35), Vox (14-21) e Máis País (2).
Ese resultado, segundo o os cálculos do organismo presidio por José Félix Tezanos, permitiría aos socialistas gobernar con maioría absoluta con Unidas Podemos, ou ben con Cs.
A macroenquisa electoral con vistas aos comicios do próximo 10 de novembro dá a vitoria ao PSOE cun respaldo estimado do 32,2%, por encima do seu resultado de abril.
En segunda posición figura o PP co 18,1 por cento e entre 74 e 81 escanos, tamén por encima dos seus datos das anteriores eleccións.
A coalición Unidas Podemos quedaría nunha posición similar co 14,6% por cento e entre 37 e 45 escanos, incluíndo a En Comú e a Galicia En Común, mentres que Cidadáns queda no 10,6% e entre 27 e 35 deputados.
Por último Vox queda no 7,9% e entre 14 e 21 escanos, por baixo do cultivado en abril.
Máis País, o novo partido de Errejón, entraría co 2 por cento e dous escanos en Madrid, que podería sumar dous máis de Compromís.
A ENQUISA
A enquisa está elaborada cunha mostra de 17.650 entrevistas en 1.091 municipios de 50 provincias, ademais de Ceuta e Melilla, e hai un erro muestral do +/- 0,75%.
Realizouse entre o 21 de setembro e o 13 de outubro, é dicir, tras o visto e prace do Supremo á exhumación de Franco e o aniversario do referendo ilegal do 1 de outubro de 2017, pero sen coñecerse aínda a sentenza sobre o procés.
VALORACIÓN DOS LÍDERES POLÍTICOS
Segundo o CIS, o líder mellor valorado é Pedro Sánchez, cun 4,6; seguido de Alberto Garzón, Albert Rivera, Pablo Iblesias, Pablo Casado e Santiago Abascal, que obtén un 2,3.
Escribe o teu comentario