Feijóo: "Pedro Sánchez prometeu cumprir co AVE a Galicia pero esquezo un pequeno detalle, dicir cando"

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ironizou este luns sobre as declaracións realizadas onte domingo por Pedro Sánchez en Vigo sobre o tren de alta velocidade a Galicia. "Esqueceu un pequeno detalle. Dixo que cumpriría co AVE pero non dixo cando".

|

Feijóo, este xoves en Silleda


O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ironizou este luns sobre as declaracións realizadas onte domingo por Pedro Sánchez en Vigo sobre o tren de alta velocidade a Galicia. "Esqueceu un pequeno detalle. Dixo que cumpriría co AVE pero non dixo cando".

Así o manifestou desde Vilagarcía de Arousa, onde lembrou que Sánchez non contestou nin á pregunta de cando concluirán as obras do AVE a Galicia, que estaban comprometidas para finais de 2019?, nin á de cando se poderán comprar billetes para o tren entre Madrid e Galicia?.

Neste sentido, Núñez Feijóo recoñeceu que se alegraría moito de que "cumprise os compromisos que asumiu" na Moncloa, a finalización das obras en decembro de 2019 e a posta en servizo do tren ao longo de 2020.

"Pero neste momento, o único que se pode acreditar é que o AVE a Galicia vai ter atrasos" matizou, e lamentou que o presidente en funcións carece totalmente de credibilidade despois de incumprir ao que se comprometeu con Alcoa.

"Na anterior campaña, no mes de abril, prometeu que Alcoa tería unha solución para os problemas do prezo da electricidade. Estamos case en novembro e o comité de empresa acaba de denunciar que Alcoa está nunha situación límite".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE