Folga xeral con apoio de empresarios e partidos nas Pontes e mobilización en Madrid contra o peche de Endesa

Uns 1.200 veciños e 120 transportistas viaxan a Madrid para reclamar a continuidade da central térmica e defender o emprego

|

Traballadores, empresarios, políticos e colectivos sociais locais e comarcais únense contra a decisión de Endesa de adiantar o peche da central térmica. A nivel autonómico, algunos partidos reclaman que o Estado elimine o imposto pensado para loitar contra o cambio climático e que grava emisións de C02, cuxo principal emisor no país é esta central.


O municipio coruñés das Pontes celebra este mércores unha folga xeral en defensa do emprego na comarca e a continuidade da central térmica, nunha xornada na que uns 120 transportistas realizarán unha caravana ata Madrid para protestar ante o Congreso.


Camioneiros saen rumbo a Madrid para asistir á protesta en defensa da central térmica de Endesa, nas PontesCamións que traballan para Endesa camiño a Madrid


A manifestación en Madrid está prevista para as 16,00 horas. Está previsto que uns 20 autobuses saian das Pontes ás 9,00 horas, cuns 1.200 veciños, aos que hai que sumar todos aqueles que decidiron viaxar en vehículos particulares.

APOIO DE DIVERSOS ALCALDES DE DIFERENTES PARTIDOS
Esta folga ten como fin facilitar desta maneira a posibilidade de desprazamento. Varios alcaldes da comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal confirmaron a súa presenza nesta acción de protesta. Entre outros Valentín González, edil das Pontes, líder do PSdeG provincial e presidente da Deputación da Coruña

Esta é unha acción de protesta que foi convocada polo grupo de traballo constituído nesta localidade, formado por partidos políticos, sindicatos e entidades empresariais e comerciais, para evitar o peche da maior central térmica a nivel de potencia do país.

A PATRONAL SÚMASE
Tamén asociacións empresariais como a Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer), a Asociación de Empresarios de Ferrolterra (AEF), ademas da Asociación de Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios Ponteses (Cohempo) mostraron o seu apoio.

Ademais, o grupo de traballo convocante desta xornada de folga e da manifestación ten previsto manter varios encontros de traballo con representantes de varios grupos parlamentarios aos que lles expoñerán a situación.

OUTROS LUGARES AFECTADOS

Nesta concentración tamén teñen previsto participar veciños doutras localidades con centrais térmicas, como os de Carboeiras (Almería), Cubillos del Sil (León) e Andorra (Teruel).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE