Alcaldes contra a SOGAMA da auga porque "os concellos pagan e a Xunta decide"

Máis de trinta alcalde do PSdeG da Coruña reuníronse hoxe para coordinar a estratexia do partido en asuntos municipais


|

Alcaldes contra a SOGAMA da auga porque "os concellos pagan e a Xunta decide"


Os alcaldes socialistas da provincia da Coruña mostraron o seu rexeitamento  ao "modelo Sogama" para a auga anunciada polo Goberno galego ao considerar que "os concellos pagan e a Xunta decide".

Reunión do Consello de Alcaldes do PSOE da Coruña


Así se pronunciaron despois de que o Consello da Xuna aprobase este xoves a tramitación do anteproxecto de lei polo que se creará unha sociedade pública na comunidade para a xestión "profesionalizada" do ciclo completo da auga.

Os rexedores piden participar no ciclo integral de xestión da auga e que os investimentos sexan acordadas coa Federación gelega de municipios e provincias (Fegamp). En concreto, demandan que "o 50% do que se recada polo canon da auga nun concello destínese a investimentos nese municipio para melloras nas infraestruturas hidráulicas".

30 DOS 41 MUNICIPIOS DO PSOE NA CORUÑA
Unha trintena de alcaldes dos 41 municipios que goberna o Partido Socialista na provincia participaron este venres en Ponteceso (A Coruña) nunha reunión do Consello de Alcaldes e Alcaldesas.

Neste escenario, o secretario xeral dos socialistas coruñeses e presidente da Deputación, Valentín González Formoso, considerou "xusto" que "unha parte do que recada Augas de Galicia quede nos concellos".

ACABAR COA LEI MONTORO

Na reunión de traballo, os alcaldes pediron tamén "integrar no Fondo Galego de Cooperación Local todos os fondos de subvencións a concellos para asegurar a obxectividade na repartición, como fai a Deputación co Plan Único".

Por último, os alcaldes do PSOE solicitan que os concellos poidan utilizar os seus remanentes de tesourería para investimentos que deriven en creación de emprego e actividade económica.

"O Consello de Alcaldes é un órgano do partido a nivel provincial, somos un partido municipalista e hoxe puxemos en común temas esenciais e prioritarios para os concellos", engadiu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE