Tres feridos nunha pelexa entre familias en Vite, Santiago, na que se esgrimiu unha pistola

A ocupación dunha vivenda apúntase como posible causa dunha liorta entre dúas familias de etnia xitana en Santiago de Compostela, que se saldou con tres persoas feridas.

|

Un revolver, barras, paus e un coche utilizado como arma para atropelar aos membros dun clan rival. Estes son os medios que enarboraron onte dúas familias xitanas enfrontadas no Barrio de Vite e que acabaron protagonizando tamén momentos de tensión no hospital CHUS de Santiago.


A ocupación dunha vivenda apúntase como posible causa dunha liorta entre dúas familias de etnia xitana en Santiago de Compostela, que se saldou con tres persoas feridas.


Vite de arriba

Vite de Arriba, número 3, zona onde se produciu o atropelo


Segundo relata Aa Voz, testemuñas presenciais din que polo menos un dos dous grupos chegou a esgrimir armas, en principio varras e paus pero tamén unha pistola pois se oíron desafíos do tipo "Así es moi valente, pero baixa a pistola, deixa a pistola!".



ATROPELO EN VITE

Así o informaron a Europa Press fontes policiais, que relataron que á primeira hora da tarde deste xoves produciuse un enfrontamento entre dúas familias xitanas no barrio compostelán de Vite, que terminou cun atropelo con tres persoas feridas.

Ao lugar o 061 desprazou dúas ambulancias, unha medicalizada e outra asistencial, que trasladaron, respectivamente, ao Hospital Clínico a un home, M.A.C.J., de 52 anos, e á muller M.D.V.M., de 52 anos. Ademais, unha terceira persoa foi atendida tamén por este altercado no centro hospitalario, confirmaron fontes sanitarias.

Dous dos feridos, cuxo estado non revestía gravidade, recibiron o alta hospitalaria na tarde do xoves e este venres permanece ingresado no Hospital Clínico un home atropelado no marco da liorta, indicaron fontes sanitarias.

INVESTIGACIÓN
Mentres, fontes policiais relataron que na tarde deste xoves a Policía Nacional da Comisaría de Santiago realizou un "amplo" despregamento tanto na zona de Vite onde sucederon os feitos, como no Hospital Clínico, para evitar enfrontamentos entre as dúas familias, xa que se concentrou "un gran número de persoas de ambas". Fontes consultadas comentaron que non houbo que lamentar incidentes graves na contorna do centro hospitalario


POSIBLE OCUPACIÓN ILEGAL DUNHA VIVENDA

A Policía Xudicial da Policía Nacional investiga os feitos para esclarecer o motivo da liorta, pero fontes policiais destacaron que os indicios apuntan á "ocupación dunha vivenda".

Deste xeito, a Policía procedeu a tomar declaración a testemuñas dos feitos para esclarecer o atropelo, así como identificar á persoa que supostamente portaba un arma de fogo. Ata o momento non hai detidos e as pescudas seguen en marcha.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE