​O festival MUSGO busca botar raíces en Ourense

A I Edición do Festival de música MUSGO traerá o próximo 19 de outubro a Ourense algúns dos grupos punteiros da música indie, tanto nacionais como internacionais. O evento arrincará un día antes co concerto de ‘Camelos’ no ‘Café Torgal’. 


|

A I Edición do Festival de música MUSGO traerá o próximo 19 de outubro a Ourense algúns dos grupos punteiros da música indie, tanto nacionais como internacionais. O evento arrincará un día antes co concerto de ‘Camelos’ no ‘Café Torgal’.


Presentaciu00f3n BRIÓN

Presentación de MUSGO


O Xacobeo comeza nunha semana…polo menos en Ourense. E é que a cidade termal é a encargada de acoller o Festival de música ‘MUSGO’ que trae a Galicia a algúns dos máis reclamados artistas, tanto nacionais como internacionais, de música indie. O proxecto, composto na súa totalidade por un equipo de profesionais ourensáns con Adrián Fragueiro e David Pedrouzo á cabeza, está amparado polo programa ‘Ou teu Xacobeo’, que impulsan de forma conxunta a Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense e SON Estrela Galicia.


Aínda que o groso dos concertos está programado para o sábado 19 de outubro, a primeira cita será un día antes, o venres 18 de outubro co concerto de ‘Camelos’. Os madrileños actuarán en Ourense como primeira parada na súa minigira galega que concluirá ao día seguinte na Coruña e a súa actuación no ‘Café Torgal’ supón o pistoletazo de saída ao festival.


‘Camelos’ serán os perfectos teloneiroes/teloneiros dun sábado cheo de música na capital ourensá. 

Unha das finalidades do festival é catapultar ás bandas emerxentes, tanto de Galicia como do resto de España e do panorama internacional. Nesta primeira edición actuarán tres bandas galegas: ‘Blanco Palamera’, ‘Ladrillo e Muller’ e ‘Baiuca’; dúas portuguesas: ‘Lince’ e ‘Whales’; dous nacionais: ‘Yana Zafiro’ e ‘Mourn’; e unha británica: o dúo AK/DK.


Banda britu00e1nica

O dúo AK/DK, de Reino Unido 


“A PRIMEIRA DE MOITAS”

Aínda que esta é a primeira edición de MUSGO, tanto desde a Xunta como desde a Deputación móstranse esperanzados e aseguran que o festival será “un éxito” e que esta será “a primeira edición de moitas” que poñerán en valor “Ourense e a Vía da Prata”.


Desde a organización tamén quixeron destacar o patrocinio de SON Estrela Galicia “a marca máis importante na música a nivel estatal” no festival. “É un orgullo”, remarcou Pedrouzo. Con todo, para Pedrouzo uno dos principais valores do festival é o seu carácter local. “Somos xente de aquí. Vivimos e traballamos en Ourense e por Ourense, e nos apartados técnico, loxístico, na comunicación, as tarefas de administración ou o deseño de MUSGO, estamos tamén rodeados dun equipo conformado ao 100% por profesionais desta provincia, sobradamente experimentado na organización deste tipo de eventos, ben propios, ou ben traballando noutras iniciativas, de natureza tanto pública como privada", comentou o promotor David Pedrouzo.


Cartel brión



Á súa vez, Fragueiro subliñou que MUSGO servirá para proxectar a cidade de Ourense “dentro da Galicia Xacobea” coa “música como escusa”. Tamén quixo destacar o carácter diúrno dun evento que busca “a participación interxeracional e preservar o descanso das veciñas e veciños".


ESCENARIOS ÚNICOS

A xornada se autodefine como "un día de festa, para o intercambio de experiencias, entre a veciñanza, peregrinos e visitantes, unha xornada de convivencia para todas as idades e de carácter totalmente gratuíto". Ademais, a música de MUSGO contará con dous escenarios privilexiados como son a Praza Saco e Arce e os Xardíns Calpuria Abana. Pomete ser un bo punto de partida para peregrinar a Santiago, aínda que os haberá que con semellante cartel prefiran quedar en Ourense. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE