Feijóo lanza un plan contra o cambio climático á vez que defende que non se peche por agora Endesa As Pontes, principal fonte de C02 en Galicia


Alberto Nuñez Feijóo non é deses políticos conservadores que nega o cambio climático. Iso si, insiste -e moito- en que as medidas para loitar contra el non deben deixar atrás aos que viven das industrias contaminantes. Unha mensaxe pensado para marcar distancias co Goberno Central, a quen a Xunta culpa de ser o culpable do confirmado peche de central térmica das Pontes e do temor a clausúraa de Alcoa San Cibrao.


|

Alberto Nuñez Feijóo non é deses políticos conservadores que nega o cambio climático. Iso si, insiste -e moito- en que as medidas para loitar contra el non deben deixar atrás aos que viven das industrias contaminantes. Unha mensaxe pensado para marcar distancias co Goberno Central, a quen a Xunta culpa de ser o culpable do confirmado peche de central térmica das Pontes e do temor a clausura raa de Alcoa San Cibrao.


Central térmica das Pontes (A Coruña)


Esta mañá Feijóo volveu criticar a "falta de actuación" do Executivo Central en Endesa As Pontes. A Xunta insiste en que non se puiden pechar a térmica mentres non haxa unha alternativa para que funcione sen violar as normas de emisións. Alternativas que, segundo Endesa, tras realizar millonarias  probas con outros combustibles, parece que non son viables economicamente.


O político do PPdeG insiste en que "o lóxico é que non se peche As Pontes mentres non se busca unha solución alternativa". Pediulle a Moncloa medidas fiscais -como as "adopta o goberno británico"- para compensar a subida do que pagan as industrias contaminantes polas súas emisións de CO2. Dixo que o peche da central despois de que Endesa investise máis de 200 millóns para reconvertela -para as probas que parece non deron o resultado esperado- non ten ningún sentido. Se sobe o que se ha de pagar polo CO2 en España, tamén sobe en Alemaña, argumentou Feijóo.


"Non hai dúbida, o consenso científico así o acredita, estamos nun instante de cambio climático na Terra e é necesario actuar", dixo o presidente da Xunta ao presentar hoxe a Estratexia contra o Cambio Climático do seu Goberno de aquí a 2050.


UN PLAN SEN MEDIDAS ESTRELLA

Son 170 medidas e a promesa de investir 1.200 millóns no seu primeiros cinco anos de vixencia. Iso si, o propio presidente admitiu que ningunha destas medidas son dignas de grandes titulares, que "deixa para outros púlpitos". 


O certo é que case todas as medidas enunciadas hoxe tras o Consello de la Xunta soan a vello. Algunhas xa en marcha, como as subvencións para o cambio de sistemas de calefación, outras de impacto limitado, como a "renovación progresiva da frota de vehículos da Xunta" ou a redución do consumo das depuradoras. Varias delas puramente burocráticas, como a creación dunha comisión de seguimento interdeparmental ou a elaboración de estudos de adaptación de toda a costa galega -un por porto e un global- ante a previsible subida do mar.


Quizais una das medidas máis ambiciosas é utilizar o desenvolvemento forestal e agrícola para compensar as emisións porque, como dixo a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, "non podemos fiar toda a nosa estratexia á redución de emisións industriais".


Na "Galicia máis verde e azul" que planea a Xunta, apostarase por "incrementar a capacidade do sector forestal para compensar as emisións de gases de efecto invernadoiro" e fomentar o aforro enerxético das cooperativas agrarias.


Das 17 autonomías do Estado, Galicia é a cuarta que presenta a súa estratexixa fronte ao cambio climático. O obxectivo final é que en 2050 Galicia cumpra o esixido pola UE, cero emisións, pero dunha forma "gradual e xusta". O Executivo insiste en que o plan é froito do diálogo con empresas, universidades, ecoloxistas, consultoras e outros colectivos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE