Fundación Naturgy ofrece pautas ás familias de Petín e Larouco para "un consumo eficiente e reducir a factura"
A Fundación Naturgy organiza este mércores, 2 de outubro, dúas sesións formativas da Escola de Enerxía en Petín e Larouco, na provincia de Ourense, en colaboración cos concellos, co fin de asesorar a familiar vulnerables sobre como "reducir a factura enerxética".
Segundo informou a entidade nun comunicado, o obxectivo "é ofrecer a familias vulnerables pautas para realizar un consumo enerxético máis eficiente, reducindo o importe da súa factura sen perder as condicións de confort no fogar".
A sesión en Petín terá lugar na Casa de Cultura do municipio ás 16,00 horas e o taller en Larouco celebrarase nas Antigas Escolas ás 18,30 horas.
Este ano, a Fundación Naturgy xa organizou 17 sesións da Escola de Enerxía en distintas localidades da provincia de Ourense, ás cales asistiron máis de 170 familias, destacou a entiad.
Nas sesións da Escola de Enerxía trabállanse temas relacionados coa eficiencia enerxética ou a optimización de facturas. Tamén se identifica quen pode ter acceso ao bono social, e axúdaselles a solicitalo.
"O que buscamos é empoderar ás persoas máis vulnerables, para que poidan minimizar o impacto do custo enerxético aplicando as medidas e consellos explicados nos talleres", afirmou a directora da área de Proxectos Sociais e Internacional da Fundación Naturgy, Ester Sevilla.
Escribe o teu comentario