"Diario dun Enterro" de Gonzalo Hermo gaña o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol
O escritor Gonzalo Hermo gañou o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra 'Diario dun enterro', que, tras o fallo, será publicada por Editorial Galaxia.
A primeira novela do editor e escritor galego afincado en Barcelona chegará ás librerías grazas a Galaxia e Repsol
O escritor Gonzalo Hermo gañou o XIII Premio de Narrativa Breve Repsol coa obra 'Diario dun enterro', que, tras o fallo, será publicada por Editorial Galaxia.
O acto de fallo do premio tivo lugar na Coruña nun acto presidido polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o director da refinería de Repsol, Javier Sancho, e a portavoz do xurado, a novelista e poeta Berta Dávila.
O xurado desta edición decantouse por esta obra por "a sinxeleza estrutural e o estilo depurado da novela, que profunda nun tema universal como son os rituais da morte e o seu impacto nos roles familiares".
A miña primeira novela vén de gañar ou Premio Repsol.
— Gonzalo Hermo (@HermoGonzalo) September 25, 2019
Ai, que vertixe e, sobre todo, que alegría! 🎉 🎈🍸https://t.co/JywToxtg69
Escribe o teu comentario