Quéimanlle a cara con frío nunha clínica estética galega e recibe indeminización

Unha sentenza do xulgado de primeira instancia de Santiago de Compostela condenou a unha clínica ao pago dunha indemnización de máis de 2.600 euros tras provocarlle queimaduras a unha usuaria durante a mala administración dun tratamento estético.

|

A clienta acabou en urxencias tras someterse a un "tratamento non invasivo" mediante o uso do frío


Unha sentenza do xulgado de primeira instancia de Santiago de Compostela condenou a unha clínica situada nun coñecido centro comercial ao pago dunha indemnización de máis de 2.600 euros tras provocarlle queimaduras a unha usuaria durante a mala administración dun tratamento estético.


Clinica beleq as cancelas





A afectada, asociada da Unión de Consumidores de Galicia, someteuse a un tratamento de redución de graxa mediante aplicación de frío nun centro de Clínicas Beleq S.L. situado no centro comercial das Cancelas.


PROTESTOU DURANTE A OPERACIÓN PERO NON LLE FIXERON CASO

Durante a sesión, indica a entidade, a usuaria advertiu aos técnicos da clínica de dor e molestias, que foron ignoradas. Debido a iso, tivo que acudir a urxencias o mesmo día, onde lle diagnosticaron unha queimadura por frío con abrasión, hematoma e traumatismo.


SEN INFORMACIÓN DE RISCOS

A UCGAL engadiu ademais que a publicidade do centro sobre o tratamento defínea como unha técnica non invasiva mediante a aplicación de frío de forma controlada e que non require de tempo de recuperación. Así mesmo, "en ningún momento" facilitóuselle á afectada a existencia de riscos, efectos secundarios ou posibilidade de lesións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE