(VÍDEO) ​O Celta aguanta ante o líder e postúlase como un dos ósos da liga

O equipo de Fran Escribá aguantou estoicamente toda a primeira parte ante un Sevilla superior, que perdoou e terminou concedendo un empate en casa.



|

O equipo de Fran Escribá aguantou estoicamente toda a primeira parte ante un Sevilla superior, que perdoou e terminou concedendo un empate en casa.




Primeiro tropezo do Sevilla e primeiros puntos do Celta de Vigo lonxe de casa. A primeira saída do cadro vigués foi máis proveitosa do esperado vista con perspectiva. Os pupilos de Escribá sufriron ao longo de todo o partido, cunha primeira parte onde os locais arrinconaron ao equipo celeste na súa área e nun segundo tempo no que o Celta acabou con dez xogadores sobre o verde polas lesións. ‘Mudo’ Vázquez adiantou aos hispalenses no minuto 81 pero Denis Suárez igualou a contenda inmediatamente despois.


O Celta aguantou 80 minutos coa súa portería a cero nun partido comandado de punta a cabo polos andaluces. Ao Sevilla só faltoulle puntería nun partido non exento de ocasións claras. Con centros laterais os de Lopetegui martillearon a meta de Rubén Blanco durante todo o partido. De Jong e Munir tentárono de cabeza, mentres que Jordan e Nolito probaron con disparos afastados. O resultado sempre foi o mesmo: ou fóra ou ás mans do cérbero visitante.


Esta foi a tónica imperante durante todo o choque, ata os dez minutos finais. Nese momento, unha falta lateral botada por Banega converteuse no 1-0 cun precioso croque de Vázquez. Rota a igualada, o Celta foise ao ataque e na primeira ocasión clara conseguiu fiar unha xogada aos tombos que terminou con Denis penetrando na área de Vaclik para superar ao gardameta checo cun disparo mordido. Un tiro entre os tres paus, non necesitou máis o cadro galego.


Co 1-1 chegaron as lesións, que deixaron ao Celta en inferioridade ao ter todos os cambios feitos e a Olaza fose de combate. A pesar dos intentos, os andaluces non puideron evitar que un puntiño puxese rumbo a Balaídos. Van tres partidos, pero ao Celta xa se lle empeza a ver o estilo: un equipo virtuoso con balón e ao que é difícil meter man. Estamos ante un dos ósos da liga. 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE