Buscan a un home 44 anos desaparecido na Estrada
A Guadia Civil iniciou un operativo de procura para atopar a un home de 44 anos José Ángel Bandin Miguen que desapareceu o pasado sábado no municipio pontevedrés da Estrada.
A Guadia Civil iniciou un operativo de procura para atopar a un home de 44 anos José Ángel Bandin Miguen que desapareceu o pasado sábado no municipio pontevedrés da Estrada.
O home é veciño da parroquia de San Xurxo de Vexa na Estrada e ninguén tivo noticias del desde a tarde do pasado sábado 17 de agosto ao redor das 16,00 horas, momento no que os seus familiares comezaron a ter constancia da súa falta.
Segundo fontes da Garda Civil a familia púxose en contacto con esta institución a mañá deste domingo para dar conta do sucedido e abrir un operativo de procura. As mesmas fontes tamén explicaron que nas bases de datos da Garda Civil non constan antecedentes de desaparición desta persoa.
En rastréxoa está a participar o equipo de drons da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), que se uniu ao operativo coordinado pola Garda Civil no que tamén colaboran membros do GES da Estrada, persoal do Servizo Municipal e voluntarios de Protección Civil da localidade.
Pola súa banda, a plataforma SOS Desaparecidos publicou nas súas redes sociais unha descrición física do home para colaborar na súa identificación e describiron que ten o pelo moreno, vestía un pantalón vaqueiro azul, sudadera gris e zapatillas.
Escribe o teu comentario