Pese as críticas a tres dos seus proxectos eólicos, Greenalia capta 200 millóns de 'capital verde'

Greenalia logrou captar 224 millóns de euros a través de bonos e créditos con certificado verde -'green certificate'-, nos últimos 18 meses, informou a compañía.

|

Os tres parques eólicos que a herculina Greenalia promove en Monte Castelo están no punto de mira de ecoloxistas e veciños, entre outras cousas por afectar a unha flor endémica en risco crítico de extinción. A pesar desta polémica, a firma galega é unha das Pemes europeas que máis capital verde captou.


En concreto, a empresa, que sinala que se converteu na peme europea con maior acceso a capital verde para o financiamento dos seus proxectos de enerxía renovable, emitiu en novembro de 2017 o seu primeiro bono por 5,8 millóns de euros, cualificado por Vigeo Eiris como bono verde -'green bond'-, sendo a primeira peme europea en facer unha emisión desas características.


Inicio da cotización de Greenalia no MAB


Greenalia tamén cotiza no Mercado Alternativo Bolsista


Desde entón, realizou dúas novas colocacións verdes, a primeira delas en xullo do ano pasado por valor de 3,2 millóns de euros e unha segunda en xaneiro deste ano, por seis millóns de euros cualificada como verde por Standard & Poor's.


Estas dúas últimas emisións enmárcanse nun programa de notas que a compañía ten en Luxemburgo por 25 millóns de euros, tamén cualificado por Standard & Poor's como verde -'Green Note Program'-.

As tres emisións foron referenciadas no mercado de bonos verdes de Luxemburgo, LGX -Luxembourg Green Exchange- e destináronse aos proxectos que a compañía ten xa en desenvolvemento.


Entre eles están a planta de biomasa de Curtis-Teixeiro ou os parques eólicos de Miñón e Ourol, xa en construción. Estes últimos son parte do programa Eolo de xeración eólica que producirá 178 megawatts (MW) cando entre en funcionamento en 2020.


CRÉDITOS VERDES

No que se refire á os créditos verdes, o grupo obtivo 209 millóns de euros en dúas operacións. A primeira delas, en xullo de 2018, cun crédito de 125 millóns de euros na modalidade de 'project Finance' destinado na súa totalidade ao financiamento da planta de biomasa de Curtis-Teixeiro.


O segundo dos créditos verdes, obtido hai uns días, concretouse en 84 millóns de euros, tamén na modalidade de 'project finance' cun tramo senior e outro junior -mezzanine-. O seu destino é o financiamento de varios parques eólicos que o grupo está a desenvolver en Galicia.


O director financeiro da compañía, Antonio Fernández-Montells, valorou que para unha empresa do tamaño do grupo obter máis de 200 millóns de euros de financiamento verde en menos de dous anos "mostra a confianza que o mercado investidor deposita no proxecto enerxético de Greenalia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE