Unha láctea participada pola Xunta expedientada pola propia Xunta por unha vertedura que matou 10.000 troitas

A Consellería de Medio Ambiente de incoar un expediente sancionador polo verter rexistrado a semana pasada no río Furelos, ao seu paso polo Concello de Melide; onde se constatou a mortaldade de fauna ictícola.

|

O río Furelos leva anos soportando verteduras, entre as continuas queixas de ecoloxistas e pescadores de Melide. O domingo o problema alcanzou novas dimensións, ao morreren miles de peixes en zona protexida. Agora a Xunta reacciona anunciando expediente sancionador a unha empresa, cuxo nome non publica. E é que no Consello de Administración desta industria láctea, Dairylac, senta a propia Xunta.


A Consellería de Medio Ambiente anuncia que vai incoar expediente sancionador polo vertido rexistrado a semana pasada no río Furelos, ao seu paso polo Concello de Melide; onde se constatou a mortaldade de fauna ictícola.



Rio furelos melide vertido foto de alberto varzum

Troitas mortas no Furelos ao seu paso por Melide o 14 de xullo nunha foto de Alberto Varzum @varazon



Así, Medio Ambiente dirixiu solidariamente ao concello e á empresa -que non identifica na súa nota de prensa- un expediente sancionador pola comisión dunha infracción administrativa grave en materia de pesca fluvial, que pode ir desde os 3.001 euros ata os 30.000. Esta sanción será compatible coa esixencia dunha indemnización correspondente polos danos e perdas causadas.


RELACIÓN COA XUNTA

A única empresa láctea que se atopa nese polígono, segundo fontes do sector consultadas por Galiciapress, é DairyLac. A compañía está controlada pola cooperativa Aira pero a Xunta participa no capital a través de Xesgalicia. De feito, representantes do Goberno Galego sentan no seu Consello de Administración.


Unha das que ocupou ese asento foi Belén do Campo, cando era directora xeral de Gandería na Consellería do Medio Rural. Belén do Campo que agora é directora xeral de Patrimonio Natural na Consellería de Medio Abiente, precisamente a Consellería que instruirá os expedientes contra DairyLac. 


Ademais de entrar no capital, esta industria recibiu importantes subvencións, incluídos 4,8 millóns para unha torre de secado. Foi en 2016, tres anos despois, a pesar do seu recente posta en marcha, Dayrilac está no punto de mira por este episodio de contaminación.


É ZONA PROTEXIDA

Segundo resume Europa Press o comunicado de la Xunta, Medio Ambiente di que está a realizar os estudos técnicos necesarios para determinar a incoación dun segundo expediente administrativo sancionador por unha infracción moi grave en materia de conservación da natureza, xa que, como proba o material audiovisual, houbo danos sobre fauna e flora nun tramo de río que se atopa en Rede Natura 2000.




Neste caso, a sanción poderá ir desde os 60.000 euros ata os 300.000. Neste caso, también dirixiranse á empresa láctea, que se atopa no polígono da Madanela, e ao Concello, que deberán asumir ao mesmo tempo a reparación do dano causado, é dicir, procederán á reposición de no medio natural presentando un proxecto de restauración, que deberá contar coa aprobación do Servizo de Conservación provincial.


Finalmente, a Xunta adoptou a decisión de vedar á pesca o tramo de río afectado; polo que nos próximos días o Diario Oficial de Galicia publicará a orde pola que se establece a veda de pesca no río Furelos, co fin de recuperar as condicións de habitabilidade piscícola.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE