Protestas contra os despedimentos en R a pesar de dar beneficios
CC.OO., UXT e CIG manteñen por agora a unidade de acción e anuncian novas protestas este mércores pola tarde na Coruña. "A pesar de os resultados económicos positivos", Galicia sufrirá o 40 % do total de despedimentos, quéixanse os traballadores. As centrais tamén aseguran que a nova xestión busca deslocalizar o traballo en diferentes áreas, fundamentalmente mantemento, engeniería, desenvolvemento e atención telefónica.
Os novos tempos en Euskaltel cuestionan a estabilidade do consolidado proxecto galego de R Cable. A matriz vasca -agora controlada por un fondo de investimento transnacional Zegona- anunciou esta semana 25 despedimentos dentro do grupo. Deles polo menos 10 serán en R.
Os trabajaodres xa reaccionaron con concentracións este venres diante das oficinas de A Coruña e Vigo. Foron en total máis de cen persoas as que participaron, segundo os sindicatos. CC.OO., UXT e CIG manteñen por agora a unidade de acción e anuncian novas protestas este mércores pola tarde na Coruña.
"A pesar de os resultados económicos positivos", Galicia sufrirá o 40 % do total de despedimentos, quéixanse os traballadores.
As centrais tamén aseguran que a nova xestión busca deslocalizar o traballo en diferentes áreas, fundamentalmente mantemento, engeniería, desenvolvemento e atención telefónica. Calculan que así se poderían perder máis de 500 empregos.
Escribe o teu comentario