Aketxe aterra en Riazor para dirixir o fútbol de Anquela
O talentoso xogador vasco chega por sorpresa ao Deportivo da Coruña nunha operación lóstrego. O novo xogador chega para gobernar o centro do campo branquiazul, que perde a Edu Expósito, un dos alicerces do club galego, que se marcha ao Eibar a cambio de 5 millóns e que asina polo próximas cinco campañas.

Aketxe xa pousa coa súa nova camiseta / Foto: RCDeportivo
Anquela xa ten ao seu ilusionista. Ager Aketxe chega procedente do Cádiz, onde rendeu a alto nivel en dúas etapas distintas. Aos seus 25 anos, o bilbaíno, saído de Lezama como unha dos maiores talentos da canteira de leóns, chega á Coruña coa carta de liberdade debaixo do brazo.
Aketxe asina por unha tempada con opción a outra e ten a responsabilidade de dirixir o xogo do equipo deportivista. Aketxe é un imaxinativo mediapunta capaz de dar o último pase e conducir o xogo, pero tamén destaca polo seu tremendo golpeo desde fóra da área e por ser un especialista a balón parado.
DESPEDIDAS
Con todo, no Dépor é máis noticia os que saen que os que chegan. Edu Expósito, un dos mellores xogadores do Deportivo esta pasada campaña, dá o salto a Primeira División, acollido baixo o á de Mendilibar no Eibar. O de Cubellas chega á elite a cambio de 5 millóns de euros cun contrato que o unirá á entidade armeira o próximos cinco cursos.
Agora en Riazor están atentos á máis que posible saída de Quique, que tamén pode poñer rumbo ao Eibar, ou a chegada do nipón Gaku Shibasaki.
Escribe o teu comentario