O Eixo Atlántico culpa a Feijóo de manter parada a Eurorrexión

O Eixo Atlántico lamentou que, a piques de chegar ao seu 30º aniversario, "a eurorrexión está desaparecida" e tachou de "publicidade e propaganda" os "logros" que as administracións, especialmente a Xunta, "queren vender" sobre esta eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

|

O secretario do ente reclama á Xunta e ao Goberno pasos concretos para mellorar a conexión ferroviara entre sur de Vigo e a fronteira


O Eixo Atlántico lamentou que, a piques de chegar ao seu 30º aniversario, "a eurorrexión está desaparecida" e tachou de "publicidade e propaganda" os "logros" que as administracións, especialmente a Xunta, "queren vender" sobre esta eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.


Vazquez mao tvg


Vázquez Mao | crtvg


Así o trasladou a Europa Press o secretario xeral do Eixo, Xoán Vázquez Mao, quen desafiou "" ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a "dicir resultados concretos da súa xestión como presidente da eurorrexión", máis aló das xestións que os gobernos centrais de España e Portugal poidan facer, por exemplo, no marco do programa de cooperación transfronteiriza POCTEP, ou do plan de investimentos conxuntos "que elaborou o Eixo Atlántico".


Segundo criticou Vázquez Mao, a eurorrexión comezou como un proxecto "ilusionante" con González Laxe e, "sobre todo, con Manuel Fraga", pero "leva 15 anos parada", nun "declive" que "comezou" con Pérez Touriño, e que Núñez Feijóo "consolidou". "Habería que refundar a eurorrexión, redefinila e que a Agrupación Europea de Cooperación Territorial sexa unha secretaría executiva", sinalou.


A CUESTIÓN DA CONEXIÓN EN TREN

Finalmente, apuntou que a posta en marcha dunha auténtica vertebración ferroviaria sería un bo modo de impulsar a eurorrexión, e pediu a Xunta e Goberno central "que se deixen de mentiras" sobre a conexión por AVE entre Vigo e Oporto, porque "saben que Portugal non aposta polo AVE", senón por un tren de altas prestacións, que conecte as principais cidades do arco atlántico.


A ese respecto, instou a ambas as administracións para impulsar a saída sur de Vigo, para conectar coa fronteira portuguesa, un proxecto que "non ten que esperar" para ser incluído no Corredor Atlántico (non podería solicitarse esa inclusión, asegura, ata 2023), e que pode optar a fondos europeos pola súa localización transfronteiriza. "É cuestión de vontade política: que a Xunta o leve ao Consello, que Fomento saque a exposición pública o estudo informativo previo e pedir cofinanciamento da UE", sentenciou- 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE