O Depor encarrila a eliminatoria cunha gran remontada
Os pupilos de Pep Martí remataron o 1-2 co que se foron ao descanso con tres goles nun espectacular segundo tempo.
Os pupilos de Pep Martí remataron o 1-2 co que se foron ao descanso con tres goles nun espectacular segundo tempo.
Noite para o recordo en Riazor. Daquela que non se vían na cidade herculina desde hai anos. O Deportivo da Coruña encarrilou a eliminatoria ante o Málaga cunha gran remontada na segunda parte despois de irse a vestiarios cun resultado adverso de 1-2. Pedro, Borja Valle e Carlos Fernández, autor dun dobrete, puxeron o definitivo 4-2 no marcador e deixaron a final a tiro de pedra dos branquiazuis. Luís Hernández e Ontiveros fixeron os goles do cadro andaluz.
O primeiro tempo arrincou cos dous equipos máis preocupados por protexerse que por tentar romper a igualada. O respectou durou o que tardo Ontiveros, o mellor dos visitantes, en colgar un precioso centro desde a esquerda que cabeceou Luís Hernández ao fondo da rede.
O directo puido mandar á lona ao Depor, pero os de Pep Martí non titubearon e na seguinte acción provocaron un penalti, despois dun fallo infantil de Ricca. Carlos Fernández deu continuidade ao seu idilio cos once metros transformando a pena máxima.
O partido rompeu e os dous equipos despregaron un xogo máis directo e máis duro. O Málaga puido irse ao descanso con algún expulsado, pero Soto Grao deixou o castigo en amarela por dúas veces. Ontiveros desnivelou a balanza xusto antes de concluír a primeira parte, cun soberbio derechazo que se coou na meta de Dani Giménez sen que o cérbero puidese evitalo.
No segundo tempo o Depor sacou do armario a súa mellor versión, esa que tanto reclamaron desde as bancadas de Riazor ao longo desta peculiar campaña. Aproveitou que o Málaga cambiou de chip e primou non perder o terreo gañado no canto de conquistar a eliminatoria. Pedro Sáncez igualou a contenda aos dez minutos da continuación cun zurdazo impecable. Só sete minutos despois, Carlos Fernández cabeceou un centro do propio Pedro para adiantar ao Depor.
A falta de doce minutos para o final, Borja Valle deixou vista para sentenza a eliminatoria cun gran gol desde a frontal. O delirio chegou ao feudo deportivista nunha explosión de xúbilo que despexou toda a frustración vivida nas últimas semanas. O sábado ás 21 horas segundo asalto. O ascenso está máis preto que nunca na Coruña.
Escribe o teu comentario