Ecoloxistas alertan da destrución das "últimas masas de frondosas" da Coruña para alimentar factoría de biomasa (Vídeo)

As obras para a concentración parcelaria de Fisteus (Curtis) están feitas "a medida" para a nova central de biomasa de Greenalia de Teixeiro. Esta é a denuncia que realiza hoxe a asociación ecoloxista coruñesa Arco Iris.


|

As obras para a concentración parcelaria de Fisteus (Curtis) están feitas "a medida" para a nova central de biomasa de Greenalia de Teixeiro. Esta é a denuncia que realiza hoxe a asociación ecoloxista coruñesa Arco Iris.


Por agora nin Greenalia nin Medio Rural responderon ás críticas dos ambientalistas herculinos.


Arco Iris denuncia nun vídeo o impacto das pistas. "A apertura de anchísimas pistas trazadas con maquinaria pesada nun territorio ata agora virxe e que alberga as últimas masas de frondosas autóctonas da provincia, non pretende potenciar a actividade agrícola ou gandeira, senón tan só servir como vías de saca de produtos forestais que poidan servir de combustible para o abastecemento de combustible a unha factoría", alertan.





Os ecoloxistas lembran que esta parcelaria foi aprobada en 2005 por vía urxente, pero non executada ata agora, "ata a implantación de Greenalia" nunha pasaxe "xa moi comprometido pola expansión do eucalipto". 



Pista parcelaria forestal curtis fisteus bosque arco iris



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE