(VÍDEO) En bicicleta de Madrid a Compostela polo cancro infantil
Un grupo de ciclistas percorrerán os 640 quilómetros que separan a capital da Paraza do Obradoiro para recadar fondos para a Fundación Aladina.
Un grupo de ciclistas percorrerán os 640 quilómetros que separan a capital da Paraza do Obradoiro para recadar fondos para a Fundación Aladina.
Os ciclistas realizará en percorrido en só tres días
A camisola, o casco, a bici e a correr 640 quilómetros en tres días. Non necesitan máis este grupo de ciclistas, entre os que se atopan varios integrantes do equipo ciclista máster ‘Mariscos Castellar Team’, para facer visible o seu loita contra o cancro infantil da man da Fundación Aladina.
Este pelotón recadará fondos no ‘I Reto Solidario #KMSxSONRISAS’ para dar apoio a todos os nenos e nenas con cancro, así como ás súas familias. A totalidade do diñeiro recadado irá destinado á Fundación Aladina.
Os ciclistas custearanse eles mesmos a manutención e o aloxamento, e o seu obxectivo é só “achegar o seu granito de area” e servir de impulso para que outras persoas tamén acheguen a esta nobre loita.
O percorrido, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño, partirá desde a Porta do Sol de Madrid e rematará na fachada da Catedral de Santiago de Compostela. Por diante tres días nos que o pelotón percorrerá 252 km na súa primeira etapa ata Zamora, 261 km desde Zamora ata Ourense e 123 km da cidade termal ata a capital galega para rematar a fazaña desta particular peregrinaxe.
ALADINA
A Fundación Aladina é unha plataforma con anos de experiencia facilitando “asistencia psicolóxica, emocional e material aos nenos, adolescentes e as súas familias ante a realidade desta enfermidade”. Cun nutrido equipo de voluntarios e catro Psico-Oncólogas que ofrecen asistencia profesional gratuíta aos menores e ás súas familias.
Do mesmo xeito, a fundación desenvolve un amplo programa de exercicio físico e tamén vinculado ao acompañamento emocional e lúdico, achegando todos os seus membros compañía e diversión, ademais de acondicionar os complexos hospitalarios para facer máis amable a estancia dos pequenos.
Escribe o teu comentario