​Principio de acordo para dar viabilidade ao Centro Galego de Buenos Aires

Os socios votan a favor de que Buenos Aires Saúde asuma a xestión do complexo médico. 


|

Os socios votan a favor de que Buenos Aires Saúde asuma a xestión do complexo médico.


Centro galego bos aires


O Centro Galego de Buenos Aires acaba de recibir un balón de osíxeno. O Grupo BASEA (Buenos Aires Saúde) parece o candidato a asumir a xestión do hospital do Centro Gallego despois de que os socios da institución emitisen o seu voto a favor para que ambas as partes alcancen un acordo.


Así, a proposta do Grupo BASEA á comisión negociadora seguirá adiante mentres se negocian puntos do contrato en prol de chegar a un acordo definitivo.


Segundo sinalan medios arxentinos, Raúl Olmos, titular do Grupo Olmos (propietario de BASEA), enviou unha proposta formal para a cesión da xestión do hospital con opción para unha posterior compra do inmoble no que está situado o Centro Galego de Buenos Aires, algo que dependería de se BASEA de fai cargo da totalidade das débedas. O Centro emitiu unha contraoferta, cuxa resposta chegou pouco antes da celebración da asemblea, o que evitou que puidesen puír o acordo para unha decisión definitiva.


Entre os puntos que faltan por abordar atópase o plan de saúde que se ofrecerá aos socios da entidade, o destino dos bens que alberga a institución en caso de venda do inmoble e o futuro do anexo que ten a institución na localidade de Valentín Alsina.


"Nós apreciamos e agradecemos o esforzo do Grupo BASEA e expresamos a nosa vontade de chegar a un acordo con eles, pero queremos negociar todos os artigos do contrato que aínda non foron acordados e finiquitar as cláusulas pendentes", sinalan desde a institución.


"Asumimos este desafío porque confiamos na nosa experiencia no ámbito da saúde e na recuperación de institucións sanitarias que estiveron en situacións similares á do hospital do Centro Gallego. Estamos seguros que se nos dan a posibilidade de volver poñer en marcha este hospital imos transformar nun dos mellores centros de saúde de Arxentina", resolveron desde BASEA. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE