Nova votación sobre a folga nos PACs do SERGAS
Unha pasada mobilización en OurenseEl Comité de Folga lembran que pasaron 17 meses desde o inicio de conflito e a folga indefinida segue vixente desde Xaneiro, aínda que lastrada por uns servizos mínimos do 100%.Sobre a mesa estará mañá o borrador proposto polo SERGAS e en caso de rexeitamento do mesmo, "a pauta para seguir ante o enquistamiento das negociacións no referente ao momento de cómputo de xornada". A esta consulta chégase tras a realización de asembleas previas nas distintas áreas sanitarias e unha asemblea xeral que tivo lugar no colexio médico de Santiago de Compostela o pasado venres , onde se informou aos traballadores da oferta presentada ao comité de folga e dos distintos escenarios que se expoñen tras o acaecido nas últimas reunións mantidas. As votacións terán lugar en toda Galicia, baixo as mesmas condicións que na votación do pasado día 18 de Febreiro, que se saldou co resultado de rexeitamento á proposta realizada pola admistración.
Máis de catro meses levan os traballadores dos Puntos de Atención Continuada do SERGAS en folga en defensa da calidade do servizo e os seus dereitos laborais. Mañá mércores están chamados a votar o preacordo ofrecido pola Xunta de Galicia.
Unha pasada mobilización en Ourense
O Comité de Folga lembran que pasaron 17 meses desde o inicio de conflito e a folga indefinida segue vixente desde Xaneiro, aínda que lastrada por uns servizos mínimos do 100%.
Sobre a mesa estará mañá o borrador proposto polo SERGAS e en caso de rexeitamento do mesmo, "a pauta para seguir ante o enquistamiento das negociacións no referente ao momento de cómputo de xornada".
A esta consulta chégase tras a realización de asembleas previas nas distintas áreas sanitarias e unha asemblea xeral que tivo lugar no colexio médico de Santiago de Compostela o pasado venres , onde se informou aos traballadores da oferta presentada ao comité de folga e dos distintos escenarios que se expoñen tras o acaecido nas últimas reunións mantidas.
As votacións terán lugar en toda Galicia, baixo as mesmas condicións que na votación do pasado día 18 de Febreiro, que se saldou co resultado de rexeitamento á proposta realizada pola admistración.
Os lugares de votación son os seguintes:
Escribe o teu comentario