Tras o éxito do Mundial, Pontevedra poxará pola final das series mundiais de 2023

|

O mundial desta fin de semana non só foi un éxito deportivo, senón tamén de público, con miles de asistentes e económico, cos hoteis repletos en Pontevedra e en toda a comarca


Animado polo "éxito absoluto" que supuxo o ITU Multisport 2019 que comprendeu cinco mundiais de tríatlon, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, anunciou que a cidade do Lérez será candidata para acoller a gran a final das series mundiais de tríatlon en 2023.



Lores dá silva gomez noya

O alcalde de Pontevedra, a presidenta da deputación cos campións, Gómez Noya e Dapena


Este ano 2019 a final disputarase na cidade suíza de Lausana, para o 2020 será a vila canadense de Edmonton, en 2021 será en Bermudas e no 2022 Abu Dabi, nos Emiratos Árabes Unidos.


O Concello de Pontevedra tentará que para 2023 a sede deste evento sexa a Boa Vila. O comité organizador elixirá a sede a finais de ano entre as candidaturas presentadas de todos os recunchos do planeta.


A final das Series Mundiais culminará a tempada de Campionatos Mundiais ITU onde se coroarán Campións Mundiais, Xuvenís, Sub23, e de Paratriatlón. A cidade daría a benvida a máis de 5.000 atletas en tres días de competición, ademais da masiva asistencia de público.


Lores comentou que Pontevedra ten a "vantaxe" da experiencia adquirida estes dez días coa organización do ITU Multisport 2019 onde "todo foron felicitacións" dos membros da Unión Internacional de Tríatlon (ITU).


VALORACIÓN DE LORES

O alcalde de Pontevedra insistiu no "éxito absoluto" tanto desde o punto de vista deportivo como "de público, de proxección da cidade e tamén económico". Ademais, apuntou o rexedor que "o máis importante" é o "sentimento de orgullo" de toda a cidadanía "por ter capacidade de organizar con tanto éxito un campionato destas características".


Fernández Lores agradeceu a todas as persoas que participaron na organización así como pola acollida que brindaron os pontevedreses a todos os participantes e visitantes.


"MODELO DE CIDADE" QUE ATRAE MÁIS CAMPIONATOS

A valoración de todas as delegacións internacionais e da propia ITU recoñeceu que este Multisport 2019 "foi o mellor mundial celebrado ata agora", destacou Lores.


Finalmente, o alcalde vinculou este resultado con "un modelo de cidade que permite celebrar eventos destas características" e que nos próximos meses dará cabida a novas citas deportivas como son el Mundial Júnior de Balonmán, Campionato de Europa de Loitas Olímpicas e o circuíto prol-circuíto tríatlon, en categoría elite.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress