O sindicato do detido por unha trama de prostitución cobrou 4,8 millóns de axudas da Xunta

O outrora poderoso Miramontes -quen se paseaba en iate con Rajoy, Louzán e outros mandatarios do PPdeG- segue en prisión e garda silencio.


|

A Xunta de Galicia tivo que dar explicacións hoxe no Parlamento sobre as subvencións recibidas por Xóvenes Agricultores. Esta rama de Asaja en Galicia estaba presidida por Juan Pérez Miramontes, empresario detido esta primavera nunha operación contra unha presunta trama de tráfico de mulleres paraguaias para prostituílas en pisos de Santiago de Compostela.



Miramontes rajoy louzán sanxenxo iate imaxe de burbulla info

Miramontes detrás de Rajoy nunha foto publicada por burbulla.info con Louzán, Ana Pastor e Palmou 


Segundo os datos facilitados polo conselleiro do Medio Rural, José González, Xóvenes logrou 4,8 millóns de subvencións de la Xunta desde 2005. 


Miramontes é un personaxe crave na historia do PP galego. Durante anos actuou como brazo político dos conservadores no rural. Tal era o seu grao de implicación, que formaba parte do reducido séquito que acompañaba a Mariano Rajoy durante os seus veraneos en Sanxenxo, visitas ao seu iate incluídas.


O deputado de En Marea Antón Sánchez definiuno como "o home forte do PPdeG no rural, que empregaba fondos publicos para vivir coma unha bala e ter un iate, para recadar votos para o PP de Fraga e de Feijóo, o home que viaxaba en iate con Rajoy, con Ana Pastor e Louzan e que foi foi o principal ariete contra as reclamacións dos gandeiros, facendo contracampañas con diñeiro público".


A Xunta esforzouse hoxe en desvincular ao PP de Miramontes. Así, Medio Rural destacou que Xóvenes  cobrou máis axudas durante o bipartito, os catro anos que gobernaron socialistas e nacionalistas en plena bonanza do ladrillo, que durante a era de Alberto Nuñez Feijóo. Segundo os cálculos de González, serían 2,5 millóns na primeira época e 2,3 millóns na actual etapa política.


Ademais, o Executivo asegura que non concedeu nin un euro a Xóvenes desde 2014. Ao pouco de estalar a crise, o sindicato, que chegou a ter centos de empregados, empezou a sufrir problemas e, sorprendentemente, mentres os seus competidores de Unións Agrarias e SLG recortaban pero sobrevivían, desapareceu en 2016 deixando tras de se un ronsel de débedas con traballadores, provedores e Seguridade Social. 


Algún dos empregados prexudicados criticaron no seu día o alto nivel de vida de Miramontes, iate de tres cubertas en Sanxenxo incluído, en contraste cos pesares da súa organización. Tras o desastre de Xóvenes, Miramontes fundou varios negocios, entre outros unha academia de cursos de formación, algún dos cales compartía con outros coñecidos empresarios santiagueses.


A Xunta non ve nada irregular nas axudas recibidas por Xóvenes. Aínda que Feijóo, preguntado por Galiciapress, abriu a porta no seu día a investigalas, hoxe Medio Rural esforzouse en mostrar que eran normais,  dicindo que Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego recibiron máis axudas.


O outrora poderoso Miramontes, quen se paseaba en iate con Rajoy e outros mandatarios do PPdeG, mentres tanto, garda silencio desde a súa cela. O  empresario segue en prisión provisional case un mes despois da súa detención, como presunto líder e financiador dunha trama que traía mozas paraguaias enganadas ás que despois se forzaba a prostituírse en pisos do ensanche compostelán.



Perez miramontes sanxenxo rajoy 2019 4 3 58400s740x



relacionada Estupor na oposición tras desexarlle sorte Feijóo ao empresario detido como líder dunha trama de prostitución
relacionada Feijóo non ve indicios de irregularidades nas subvencións ao sindicato cuxo presidente, Miramontes, acaba de ser detido
relacionada Feijóo non descarta investigar as subvencións ao sindicato de Miramontes se reciben "indicios de irregularidades”

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE