Sánchez gaña as eleccións, Casado fracasa e os nacionalistas poderían non ter a chave do goberno
Gran resultado dos socialistas nas eleccións do 28-A: mentres os tres partidos da dereita non suman unha maioría de goberno, o PSOE bate todas as proxeccións. No bloque da dereita, o PP derrúbase e Vox e Ciutadans quedan moi lonxe das súas aspiracións.
Pedro Sánchez celebrando en Ferraz
Euforia en Ferraz e frustración en Xénova. Os primeiros escrutinios do 28-A arroxan unha vitoria clara do PSOE e un retroceso importante do bloque da dereita cun PP baixo mínimos.
Co 70% do voto escrutado, o PSOE iría na cabeza con 123 escanos, mentres que o PP se desmoronaría ata a metade dos seus resultados actuais con 65 escanos. Cidadáns (con 57) e Unidas Podemos (con 42) manterían posiciones pero non lograrían mellorar notablemente os seus resultados. Por último a irrupción de Vox quedaría a medio gas e só obterían 23 escanos
Escribe o teu comentario