A Xustiza golpea a Atalaia Mining, que o paga na bolsa

Os reveses xudiciais en Andalucía provocaron unha baixada no prezo das accións da compañía mineira.


|

Os reveses xudiciais en Andalucía provocaron unha baixada no prezo das accións da compañía mineira.


Atalaia minning


O Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía ha resolvido que Atalaia Mining xa non conta con autorización ambiental nin con autorización mineira para seguir operando nas minas de Riotinto, en Huelva. Desta forma, a resolución de 2015 que permitía reiniciar os traballos de explotación mineira queda anulada, algo que deixou moi tocada á multinacional chipriota, con presenza na Bolsa de Londres, onde as súas accións esborralláronse un 10% despois do fallo do TSJA.


ACTIVIDADE EN TOURO

O fallo contra Atalaia Mining, a empresa que se esconde detrás do proxecto mineiro de Touro e O Pino, coincide coa visita de Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, ás localidades coruñeses, onde mantivo unha reunión cos rexedores locais, onde trataron a tan reclamada canalización do río Portapego. Así, a Xunta investirá 60.000 euros para emendar os danos causados ao medio, tal e como informan desde a ‘Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON’.


Membros da plataforma aproveitaron a ocasión para tentar falar coa Ángeles Vázquez, algo ao que accedeu a conselleira, que escoitou as preocupacións dos veciños, inquietos pola posibilidade de que o proxecto mineiro logre a luz verde por parte de Medio Ambiente, tendo en conta que é a encargada de avaliar a Declaración de Impacto Ambiental.


Angeles vazquez touroi

Vázquez atendendo aos veciños de Touro


Vázquez comprometeuse a regresar a Touro e ver o estado actual da mina e a reunirse cos veciños de Areinteiro, os máis próximos á explotación, para coñecer de primeira man o que están a vivir”, sinala a plataforma, aínda que matiza que confían na palabra da conselleira e que non quede nun xesto “propio do período electoral”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE