Nace a consultora ‘Top Management Consulting’ da man do Grupo Galejobs

O portal de emprego de Galicia lanza a súa consultora e enmarcada na súa estratexia a medio e longo prazo.


|

O portal de emprego de Galicia lanza a súa consultora e enmarcada na súa estratexia a medio e longo prazo.


Consultora galejobs


O Grupo Galejobs empezou a deseñar a súa folla de ruta de fronte ao futuro, e para iso lanzou ‘Top Management Consulting’, anunciada como o “aliado estratéxico dos directores xerais e responsables de recursos humanos”.


A consultora está liderada por Rodolfo Álvarez, novo socio de Galejobs, grupo co que levaba varios anos colaborado e co que agora selan a súa alianza definitiva grazas ao crecente aumento de clientes.


“Como profesional de Capital Humano, Top Management Consulting é un salto cualitativo e a aposta por un proxecto común con Grupo Galejobs co obxectivo de achegar valor ás organizacións que confían no seu equipo humano como eixo do cambio e crecemento”, afirma Rodolfo Álvarez da consultora, opertavia desde o pasado 16 de abril.


UNHA EMPRESA EN CRECEMENTO

Galejobs é un espazo gratuíto de comunicación, nacido en 2015 e transformado no ‘Grupo Galejobs’ en 2019, tanto para ofertantes como demandantes de emprego en toda Galicia, permitindo centrar a área de procura na área que o usuario desexe. Con todo, a empresa non só centra os seus esforzos nos traballadores de Galicia, senón que como empresa de Selección de Persoal recruta talento a nivel nacional como internacional, así como de galegos emigrados que buscan a fórmula para regresar a casa.


Do mesmo xeito, como plataforma de formación, organiza formación a medida para as empresas que así o soliciten, así como un amplo catálogo de cursos online para aquelas persoas que decidan ampliar o seu currículo. “Como comunidade de talento galego, Galejobs pon en valor a marca Galicia”, afirma a empresa, que busca potenciar o uso da lingua galega e poñer en valor a cultura de Galicia.


Outro aspecto importante dentro do valor corporativo é que se trata dun proxecto desenvolto por mulleres desde o comezo. “No seu ADN empresarial ten a defensa da igualdade de xénero no acceso ao mundo laboral e a defensa das políticas corporativas éticas”, subliña a empresa como un dos alicerces da súa Responsabilidade Social Corporativa, ademais de colaborar con entidades como ‘Acción Contra a fame’, FEAFES ou COGAMI.



O éxito da empresa está acreditado por os 33.000 solicitantes de emprego e máis de 1.000 empresas ofertantes coas que conta, situándoa como un dos portais de emprego referencia no país. 



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE