Dous galegos asasinados nos atentados de Sri Lanka

Unha parella que se atopaba na illa de turismo están entre os case 300 falecidos durante os ataques realizados presuntamente por un grupo islamista local con apoios internacionais. Trátase de María González Vicente e Alberto Chaves. Ela traballaba nunha empresa en Galicia, mentres que el era natural de Rianxo (A Coruña), de 31 anos


|

Unha parella que se atopaba na illa de turismo están entre os case 300 falecidos durante os ataques realizados presuntamente por un grupo islamista local con apoios internacionais



SriLanka21abrilEFE131


Unha parella galega está entre os falecidos nos atentados que tiveron lugar a pasada fin de semana en Sri Lanka, nos que houbo polo menos 290 persoas e producíronse máis de medio milleiro de feridos.


Segundo informou o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, á Radio Galega, ambos son treinteañeros veciños do municipio e atopábanse de vacacións no país.


IDENTIFICADOS POR TATUAXES

Explica que as familias recibiron a noticia por parte de fontes diplomáticas este luns, tras confirmar "a través dunhas tatuaxes" a identificación dos falecidos.


O rexedor coñecía a ambos os falecidos. Trátase de María González Vicente e Alberto Chaves. Ela traballaba nunha empresa en Galicia, mentres que el era natural de Rianxo (A Coruña), de 31 anos, segundo informaron fontes de Profand a Europa Pres, unha empresa de conxelados de Vigo que ten sede na India.


Agora prevese levar a cabo un pleno extraordinario en Pontecesures para decretar tres días de loito e unha concentración de duelo. Juan Manuel Vidal remarca que este é "un shock difícil de encaixar".

relacionada Sri Lanka detén a oito persoas polos atentados
relacionada Unha serie de atentados deixa centenares de mortos e case medio milleiro de feridos en Sri Lanka

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE