Unha serie de atentados deixa centenares de mortos e case medio milleiro de feridos en Sri Lanka

O país asiático foi golpeado por unha onda terrorista que atacou igrexas e hoteis de luxo.


|

O país asiático foi golpeado por unha onda terrorista que atacou igrexas e hoteis de luxo.


Sri lanka


Unha serie de ataques terroristas en cadea provocou a morte de preto de 200 persoas en Sri Lanka, mentres aumenta o número de feridos. As últimas cifras oficiais anotaban 185 mortos e polo menos 469 feridos. Estipúlase que hai polo menos 35 estranxeiros entre as vítimas.


Os atentados tiveron lugar en distintos puntos do país e os obxectivos foron igrexas, que durante o Domingo de Pascua contaban cunha gran asistencia, e hoteis de luxo. Polo momento contabilizáronse seis estoures, aínda que o caos imperante no país non permite esclarecer o número de puntos onde ocorreron os atentados.


Os tres hoteis afectados, todos de cinco estrelas, están na capital do país, Colombo, e son o Cinnamon Grand, o Kingsbury e o Shangri-A.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE