A folga en Renfe forza a suspensión de 9 viaxes en Galicia

Renfe cancelou 46 trens dos inicialmente programados para este mércores pola folga convocada en Adif polo Sindicato de Circulación, coincidindo coa 'operación saída' de Semana Santa, nove deles en Galicia. 


|

Os servizos mínimos fixados garanten o 95% das circulacións habituais


Renfe cancelou 46 trens dos inicialmente programados para este mércores pola folga convocada en Adif polo Sindicato de Circulación, coincidindo coa 'operación saída' de Semana Santa, nove deles en Galicia.


Renfe vol converter-se en unha empresa integradora amb a mobilitat com a servei
Do total de trens cancelados en toda España, 19 son trens AVE e de Longa Distancia, e os 27 restantes, de Media Distancia (rexionais), segundo informou a operadora.

TRENS SUSPENDIDOS EN GALICIA
No caso concreto de Galicia, foron suspendidos os trens Vigo-Porto con saída ás 8,58 horas e o Porto-Vigo das 9,13 horas, así como o Ourense-Vigo das 19,13 horas.

A eles súmanse outros seis trens, tres en cada sentido, entre Vigo e Pontevedra. En concreto, os que saían da cidade olívica ás 7,25 horas, 12,10 e 17,25 horas e os que partían da cidade do Lérez ás 8,05 horas, 13,50 e 18,40 horas.

As circulacións suspendidas en España representan ao redor do 5% das programadas habitualmente por Renfe para este mércores, unha das de maior mobilidade de viaxeiros do ano polo arranque da Semana Santa.

Fontes de Renfe indicaron a Europa Press que "o 95% dos trens van circular", polo que a folga en Adif "vai ter pouca incidencia no servizo ferroviario".

SERVIZOS MÍNIMOS
Así, os servizos mínimos decretados ante estas convocatorias garanten o 95% dos servizos, segundo asegura a compañía ferroviaria.

Inicialmente, CC.OO. convocara tamén folga para este mércores en Adif, pero desconvocouna despois de recibir unha carta da Dirección de Recursos Humanos de Adif na que se informaba de que o novo convenio da compañía recibira o informe favorable da Comisión de Seguimento de Negociación Colectiva das Empresas Públicas.

Coa súa convocatoria de folga, CC.OO. pretendía denunciar o feito de que aínda non entrou en vigor o novo convenio colectivo de Adif a pesar de que está acordado entre a compañía e os sindicatos desde o pasado mes de decembro.

O sindicato mantén polo momento a segunda das dúas xornadas de folga que ten convocadas en Adif, a do 26 de abril. A súa desconvocatoria dependerá do resultado que arroxe a reunión dos sindicatos coa dirección da empresa prevista para o día 24.

Para este mércores mantense convocada a folga do Sindicato de Circulación entre os 'controladores ferroviarios' para denunciar que "os traballadores de Adif e Adif Alta Velocidade levan sen convenio colectivo desde o 1 de xaneiro" porque "os Ministerios de Fomento e Facenda non autorizaron o preacordo que se asinou o pasado 27 de decembro de 2018".

"Esta situación, que xa de seu xera unha xustificada inseguridade sobre as condicións de traballo de calquera empregado, tamén comporta que se paralizaron as negociacións de importantes temas contemplados no acordo de convenio como a redución de xornada e mobilidade", indica o sindicato.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE