VIDEOCLIP | Fillas de Cassandra lanza 'sair á fresca', un himno para laretar, e xa teñen data para a súa estrea

O primeiro concerto desta nova etapa será o 9 de maio en Pontevedra e as entradas estarán á venda esta mesma semana.


|

Viu0301deoclip saiu0301r au0301 fresca   FillasDeCassandra CrisIglesias MireiaOriol
Fillas de Cassandra

 

Onde se poña un bo chisme, que se quite todo o demais. En Galicia somos moi "laretas" aínda que, sendo xustos, non é algo único desta comunidade, pois a murmuración, o chismorreo e a cháchara son cuestións internacionais. É por iso que as Fillas de Casandra, María SOA e Sara Faro, dedicáronlle un espazo no seu segundo álbum, 'Faladoiro', que xa ten ademais data para a súa estrea en directo.

 

 

PRIMEIRO ADIANTO

'Sair á fresca' é o título deste sinxelo que serve ademais como posta de longo para a nova proposta das cantareiras modernas. O novo traballo das 'cassandras' viu a luz hai uns días con forma de videoclip dirixido por elas mesmas xunto con Santiago Iglesias e Sergio ‘Steel’, no que participan rostros coñecidos como Mireia Oriol, Cris Iglesias e Antonio Durán ‘Morris’.

 

 

O disco non estará dispoñible até o próximo mes de abril, pero con este lanzamento podemos ver as liñas mestras da proposta de dúo, que non aposta por repertir fórmulas de éxito, senón que se penetra nun novo universo sonoro onde a música electrónica ten máis peso aínda, aínda que si recorre a elementos que resultan xa reconocibles para os fans, como unha estética coidada ao milímetro e letras que abordan cuestións desde unha perspectiva indubidablemente feminista. 

 

Fillas de Cassandra   Tertuu0301lia 1 u00a9 Arancha Brandou0301n
Fillas de Cassandra

 

Así, presentan 'Faladoiro' como "unha praza aberta, un lugar de reunión, de conflito e de celebración", un lugar onde chocan ritmos e distintas voces de comunidades diversas que se dan a man nesta nova aventura do dúo olívico, que promete revolucionar, unha vez máis, a escena galega. 

 

 

PRIMEIRO DIRECTO

Para gozar de todo o que contén 'Faladoiro' haberá que esperar até primavera e o seu primeiro directo será en Pontevedra o sábado 9 de maio no Recinto Feiral de Pontevedra ás 22 horas. 

 

RRSS Cartel Fillas 01

 

A Boa Vila acollerá a gran estrea e as entradas poderán adquirir desde este mércores 4 de febreiro a través das canles oficiais para un concerto onde estarán de faladoiro, repasando os seus novos temas, pero volvendo tamén aos seus éxitos, e seguro que contando con algunha gran sorpresa como afán.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE