Eleccións na Xunta: Gaña a CIG e irrompe con forza un novo sindicato
Acaban de saír os resultados nas eleccións ás Xuntas dePersoal de la Xunta de Galicia. A CIG revalida unha comodísima vantaxe sobre o resto de forzas gañando en todas as localidades. A gran sorpresa dáa un novo colectivo, o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (Sepga).
Acaban de saír os resultados nas eleccións ás Xuntas de Persoal de la Xunta de Galicia. A CIG revalida unha comodísima vantaxe sobre o resto de forzas gañando en todas as localidades. A gran sorpresa dáa un novo colectivo, o Sindicato de Empregados Públicos de Galicia (Sepga).
Segundo informa CIG Autonómica, o resultado final dos comicios do 11 de abril dá á central nacionalista 46 delegados, seguido do CSIF con 26. Unha diferenza de vinte delegados, a mesma que nas pasadas eleccións.
Unha pasada concentración de traballadores en San Caetano
En terceiro posto irrompe o SEPGA, con 19 representantes. A pesar de ser tan nova que os seus estatutos aínda foron inscritos en febreiro, o SEPGA foi o segundo máis votado en Ourense e Pontevedra.
Resultado en delegados das eleccións de 2019 | ||||||
CIG | CIG | CSIF | CCOO | UXT |
SEPGA |
|
Servizos Centrais | 10 | 5 | 3 | 1 | 6 | |
A Coruña | 8 | 5 | 4 | 3 | 5 | |
Lugo | 8 | 5 | 2 | 4 | 4 | |
Ourense | 6 | 9 | 5 | 3 | 23 | |
Pontevedra | 14 | 2 | 3 | 2 | 4 | |
Total | 46 | 26 | 17 | 13 | 19 |
A súa irrupción resta cinco delegados a todas as centrais (salvo a UXT, que lle resta 4); logrando superar no cómputo global a Comisións Obreiras, 22 delegados, e UXT, 13 delegados.
O SEPGA non está aberto a todos os traballadores de la Xunta, só aos empregados públicos do corpo facultativo superior ou superior, ademais de todas as súas escalas e subescalas. María Soto Pérez, Manuel Ángel Jiménez Vicente e Pablo Amenedo Bermúdez son algúns dos seus fundadores.
Escribe o teu comentario