A parella de Feijóo entra no negocio inmobilario con 193.000€

Eva María de Cárdenas Botas acaba de fundar unha inmobiliaria na Coruña. A parella do presidente de la Xunta lánzase así á súa primeira aventura empresarial tras deixar sorprendentemente a dirección de Zara Home o ano pasado.


|

Eva María de Cárdenas Botas acaba de fundar unha inmobiliaria na Coruña. A parella do presidente de la Xunta lánzase así á súa primeira aventura empresarial tras deixar sorprendentemente a dirección de Zara Home o ano pasado.


Niebla Azul SL constituíuse o pasado 11 de marzo con domicio na rúa Linares Rivas. Os seus administradores solidarios son a compañeira de Alberto Nuñez Feijóo e a súa irmá, Gabriela de Cárdenas Botas quen, a diferenza da súa irmá, non ten experiencia societaria previa. 



Feijooevacardenas

Eva Cárdenas fala con Feijóo


Eva era a única responsable da empresa ata que en abril incorporouse a súa irmá pouco antes dunha ampliación de capital; pasando a sociedade do mínimo legal a atesourar 193.000 euros.


Niebla Azul opera no sector inmobiliario, pois o seu obxecto social é a "Adquisición, promoción, rehabilitación, compravenda ou arrendamento non financeiro de toda clase de inmobles". Sector no que a ex-directiva de Inditex ten experiencia dado o extenso da rede de locais e tendas de Zara Home.


Cárdenas e Feijóo tiveron o seu primeiro fillo en común en 2017. A saída de Cárdenas de Inditex relacionouse no seu día con esta circunstancia. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE