O fretador da carga do Prestige faise co control de DIA

O consello de administración cedeu finalmente a favor da OPA do magnate Mikhail Fridman.


|

O consello de administración cedeu finalmente a favor da OPA do magnate Mikhail Fridman.


Supermercado Dia


Os Supermercados DIA pasarán finalmente a estar controlados por capital ruso, despois de que o consello de administración da compañía, ante a perigosa deriva que tomara a cadea de supermercados a nivel económico, cedese ante a Oferta Pública de Adquisición (OPA) do empresario ruso Mikhail Fridman.


O propietario de ‘Letter One’ faise así co control da firma despois de que o máximo órgano de goberno da empresa informase á Comisión Nacional do Mercado de Valores da decisión tomada.


Os títulos serán adquiridos a un prezo de 0,67 euros coa OPA, tendo en conta que Fridman xa é posuidor do 29% do accionariado. A pesar de ser rexeitada nun primeiro momento, as recomendacións de Bank of America Merrill Lynch International Limited e Rothschild & Co., posibilitaron a OPA ao considerala “a mellor alternativa posible.


Segue lendo a noticia en Catalunyapress.                          

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE