Novo golpe xudicial contra Atalaya Mining, promotora da mina de Touro
O Tribunal Supremo ha fallado en contra do recurso de casación da empresa, que opera nas minas de Riotinto, mentres a súa situación en Galicia segue rodeada de incognitas.
O Tribunal Supremo ha fallado en contra do recurso de casación da empresa, que opera nas minas de Riotinto, mentres a súa situación en Galicia segue rodeada de incognitas.
Outro golpe contra Atalaya Mining, a empresa que se esconde detrás do macroproyecto mineiro de Touro. A empresa mineira, que tamén opera no complexo mineiro de cobre de Riotinto, en Huelva, recibiu un novo revés xudicial, esta vez por parte do Tribunal Supremo, despois de que a xustiza andaluza anulase a súa autorización ambiental en setembro de 2018.
O Supremo non admitiu a trámite o Recurso de casación presentado pola empresa e pola Junta de Andalucía por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía. A decisión do Supremo supón que a sentenza do TSJA “que ten como obxecto a Resolución que outorga a Autorización Ambiental Unificada (AAU) ao proxecto de explotación da mina de Riotinto” é firme.
COMUNICADA DE ATALAYA MINING
Ante isto, a empresa emitiu un comunicado onde informa que “acata e respecta” a decisión do Tribunal Supremo e que queda “á espera do ditame que poidan realizar as Administracións competentes”, mentres recalca que a empresa xa someteu a anterior AAU a modificacións tras o primeiro fallo da xustiza andaluza, algo que a propia empresa considera que se debería ter en conta como mostra de boa vontade.
Do mesmo xeito, Atalaia Mining recalca que o fallo se debe unicamente a “cuestións formais de carácter administrativo” e que estes erros estiveron motivados polo “tramite complexo e longo no tempo como é a Autorización Ambiental dun proxecto mineiro”.
Con todo, a mineira confía en que esta sentenza non teña efecto “sobre as operacións actuais e futuras da compañía, descartando a propia sentenza a nulidade de pleno dereito da autorización ambiental”. A compañía entende que “en ningún caso a sentenza pon en cuestión a xestión das instalacións mineiras e industriais” e manda un mensaxe de tranquilidade aos máis de mil empregados da compañía que operan en Huelva e ao resto do persoal vinculado á empresa, afirmando que “ese defecto administrativo” non impedirá “a boa marcha das operacións”.
PLANS EN GALICIA
O fallo do Supremo coincide no tempo coa confirmación dos plans da multinacional en Galicia, onde parece que foi superando algunhas das cuestións relacionadas co seu estudo de impacto ambiental, un dos aspectos máis controvertidos do proxecto mineiro en Touro.
Do mesmo xeito, a empresa, con base en Chipre pero presente nas bolsas de Londres e Toronto, confirmou que entre os seus plans en Touro está a extracción de prata ademais de cobre, cun plan de “30.000 toneladas de cobre e 70.000 onzas de prata” ao ano, coas implicacións ambientais e de infraestruturas que iso supón.
O goberno galego segue estudando a viabilidade do proxecto mineiro, ao que non deu luz verde no seu día por “non cumprir todos os requisitos”. Mentres, as plataformas veciñais e a oposición acusan á Xunta de favorecer un proxecto con efectos sobre o medioambiente ao non emitir unha resolución negativa contra a avaliación de impacto ambiental de Atalaia Mining.
Escribe o teu comentario