A Deputación deixa sen honras ás persoas vinculadas ao franquismo

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vinculadas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo.


|

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade unha declaración institucional para a retirada de honras e distincións a persoas vinculadas co levantamento militar de 1936 e ao franquismo. 


Pazo de Meirás

O Pazo de Meirás, aínda en mans da familia Franco


Como paso previo, aprobouse a elaboración de un catálogo de honras, distincións e simboloxía franquista e iniciarase o expediente para a eliminación da simboloxía franquista dos edificios.


Cos votos a favor de PSdeG, BNG, PP, Marea Atlántica, Alternativa dúas Veciños e Compostela Aberta, a totalidade dos grupos con representación, o pleno da Deputación aprobou a declaración institucional encamiñada a iniciar o proceso de retirada de honras e distincións ás persoas vinculadas ao franquismo.


Co obxectivo de iniciar o proceso para a revogación das honras, a Deputación da Coruña incoará o correspondente expediente, seguindo os procedementos oportunos para invalidar todas as distincións, nomeamentos, títulos honoríficos e demais formas de exaltación de persoas que "participaron activamente no golpe militar e na represión da ditadura", así como tamén para eliminar a simboloxía franquista nos edificios pertencentes á institución provincial.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE