Los Planetas e Iván Ferreiro, cabezas de cartel do FIV de Vilalba

Os Planetas encabezarán o festival FIV de Vilalba (Lugo), que o 26 e o 27 de abril contará con actuacións como O Sorriso de Julia, Sidonie DJs, Depedro ou Iván Ferreiro e que xa esgotou os máis de 3.500 abonos postos á venda para as dúas xornadas nas que se celebra.

|

Los Planetas encabezarán o festival FIV de Vilalba (Lugo), que o 26 e o 27 de abril contará con actuacións como O Sorriso de Julia, Sidonie DJs, Depedro ou Iván Ferreiro e que xa esgotou os máis de 3.500 abonos postos á venda para as dúas xornadas nas que se celebra.


Os Planetas encabezarán o cartel do FIV de Vilalba, que se celebra o 26 e o


Na presentación do cartel realizada este venres na Casa de Cultura de Vilalba, os organizadores anunciaron que a banda granadina subirase por primeira vez ao Escenario Mahou vilalbés para facer un repaso dalgúns dos temas que xa se converteron en himnos da música indie española.


Los Planetas chegarán ao FIV co seu primeiro disco en directo a piques de estrearse, con adianto o 29 de marzo, e inmersos na creación do seu novo traballo xunto a Neno de Elxe, 'Forza nova', do que xa se publicaron algúns adiantos e que verá a luz o 12 de outubro de 2019.

Á confirmación dos Planetas súmanse tamén as do Sorriso de Julia e Sinodie DJs, que completan un programa no que figuran nomes como Iván Ferreiro, Dorian, A M.O.D.A., Miss Caffeina, Depedro, Siloé, Marem Ladson e Cheese and Bacon DJs, ademais da Banda de Música de Vilalba.

Aínda que os abonos para as dúas xornadas xa están esgotados, nos próximos días anunciarase o cartel concreto para venres e sábado, co que se poñerá á venda unha pequena cota de entradas de día que poderán adquirirse a través da páxina web oficial www.fivdevilalba.com

O FIV de Vilalba ofrece ademais un programa de actividades paralelas, con formación e gastronomía, así como exposicións, proxección de películas e conferencias abertas ao público, que abordarán desde o IVE cultural á fotografía en festivais.

Na undécima edición do festival, o FIV programou dúas charlas, unha delas a cargo do xornalista musical Javier Becerra, baixo o título 'Grandes historias do pop para xente pequena', e a outra, coa social media Manager Ana Medina, sobre 'Que se esconde detrás dos community manager dun festival?'.

A fin de semana do FIV proxectaranse as películas '20.000 días na Terra' e 'Oasis: Supersonic', nun festival que contará cun concerto gratuíto o sábado ao mediodía no Auditorio Carmen Estévez, a modo de plataforma para artistas emerxentes.

O FIV de Vilalba nace en agosto de 2008 da man da Comisión das Festas patronais de San Ramón e Santa María, facéndose cargo da súa organización o ayuntmaiento a partir de 2009.

Nas súas 11 edicións, o festival, que conta cunha zona de acampada de máis de 15.000 metros cadrados, reuniu a preto de 60.000 persoas, co cartel de entradas e abonos esgotados nos seus tres últimos anos.


Planetas wikipediaJ dos Planetas | Batiches Safont Creative Commons Atribución-CompartirSimilar 4.0 Internacional.   

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE