Pintadas na Catedral de Santiago contra a Igrexa, a monarquía e Vox

Polo menos tres pintadas anónimas apareceron esta mañá na fachada principal do templo e no edificio anexo que ocupa o Bispado.


|

Novo atentado contra o Patrimonio Artístico da Catedral de Santiago. Polo menos tres pintadas anónimas apareceron esta mañá na fachada principal do templo e no edificio anexo que ocupa o Bispado.


Na Praza do Obradoiro poder ler "eu non saín da túa costiña, saín da túa cona". No arco de Xelmirez "guillotina Borbón" e noutra parede do Pazo de Xelmirez "gritaremos ata quedarnos sen Vox".


WhatsApp Image 2019 03 12 at 11.25.15


As tres pintadas son anónimas, pero teñen unha tipografía similar. O Concello xa condenou os ataques e operarios están a traballar na súa eliminación. 


WhatsApp Image 2019 03 12 at 11.25.15 (1)


Recentemente, a Catedral sufriu outro ataque ao pintarlle alguén a cara a unha das figuras do pórtico de Praterías coma se fose unha figura do grupo Kiss. 


(Haberá ampliación)



Pintada obradoiro catedral






relacionada 1,4 millóns de euros máis en obras de restauración na Catedral
relacionada 'Kiss' e 'Scorpios', cabezas de cartel do Resurrection Fest
relacionada Os Franco din que estatuas do Pórtico da Gloria son súas pese non ter factura

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE