1,4 millóns de euros máis en obras de restauración na Catedral
O Concello de Santiago autorizou este venres dúas novas obras de restauración na Catedral compostelá, que suman un orzamento total de case 1,4 millóns de euros.
O Concello de Santiago autorizou este venres dúas novas obras de restauración na Catedral compostelá, que suman un orzamento total de case 1,4 millóns de euros.
A xunta de goberno local, reunida este venres, deu luz verde ás actuacións, que contan co visto e prace do departamento de Patrimonio.
En concreto, as obras de restauración afectarán as cubertas do á norte do claustro --cun orzamento de 462.000 euros-- e á fachada sur e oriental do claustro e o esconce da torre do Tesouro --921.000 euros--.
Ademais, o goberno compostelán tamén aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Clara Campoamor elaborado por Proyfe e que servirá de acceso á futura estación intermodal.
A actuación ten un presupeusto de 1,5 millóns de euros e un prazo de execución de 5 meses.
Escribe o teu comentario