A batalla por controlar as listas electorais ás próximas eleccións xerais, europeas e municipais por parte do conglomerado dos converxentes representados polo PDeCAT, pero que concorrerán aos comicios como JxCat máis os afíns a Puigdemont, foi gañada por goleada polo fuxido a Bruxelas. Ademais, para que non haxa dúbidas, elixiuse así mesmo como cabeza de lista ao parlamento europeo co fin de seguir coa súa campaña de internacionalizar o conflito, facer a puñeta aos seus compañeiros e de paso conseguir máis votos que Oriol Junqueras para demostrarlle que el é o segundo Mesías que levará ao seu pobo ata as portas o Parlamento, pero que non ocupará o seu asento. Puigdemont é a vaidade elevada ao sétimo ceo. "Para os vanidosos todos os demais homes son admiradores", dicía Antoine de Saint-Exupéry.
O malo do asunto é que, aínda que consiga os votos necesarios, non poderá ocupar o escano sen vir a España a recoller a súa acta, o que deixará amolado a outros dos seus colocados nas listas, se non presentan despois a súa renuncia e poida entrar o seguinte da lista. Do que se trata é de seguir ensinando músculo, de promocionar aos seus, que non teñen experiencia política e son uns talibán de coidado, e deixar na cuneta aos outros, os máis preparados e con experiencia. Puigdemont non perdoa aos que non defenderon as súas teses surrealistas.
Os primeiros lugares das listas están copados por políticos encarcerados ou fuxidos, fóra dos que xa non son amigos seus. Os cabezas de lista serán os presos Jordi Sànchez (Barcelona) seguido da ata agora consellera Borrás, JordiTurull (Lleida), Josep Rull (Tarragona), Ferran Bel, o avogado de Puigdemont Jaume Alonso-Cuevillas (Xirona), Xuclà irá de cuarto, Joaquim Forn será alcaldable por Barcelona, seguido por Elsa Artadi e Neus Munté. O exconseller Lluís Puig, fuxido da xustiza española, preséntase polo Senado.
O ata agora portavoz no Congreso Carles Campuzano, que realizou un gran traballo pero non é do seu "colla", podería ir de número cinco, sen posibilidades de saír, segundo as en contas. Un gran valor que perde a sopa de letras do partido do expresidente Pujol e a súa familia.
Cal é a estratexia de Puigdemont na confección das listas? Crear un eixo Madrid, Barcelona e a súa sede da República imaxinaria que é Waterloo coordinado directamente por el, sen ter oposición. A Campuzano non lle perdoa as súas boas relacións co PSOE e a súa vontade de querer apoiar os orzamentos do Goberno de Sánchez, aínda que ao final non foi así.
O fuxido pretende ter controlado ao grupo parlamentario que salga nas eleccións do 28-A, e que adopten unha postura máis dura e, na súa liña de fustigar ao goberno que salga, aínda que segundo as enquisas, os resultados non son nada bos.
As conclusións que se poden extraer do que está a suceder é que os moderados da ex Convergència non souberon pararlle os pés a Puigdemont, que se fixo co poder absoluto do partido desde Waterloo, sen que os que están agora á fronte do partido fosen capaces de pararlles os pés nesta carreira suicida para gañarlle ao seu rival político, convertido en inimigo mortal que é Oriol Junqueras.
Nin a bruxa Lola houbese predecido a transformación ideolóxica que sufriu o partido de Jordi Pujol. Quen o vexa e quen o ve!
Escribe o teu comentario