60.000€ públicos para conter inundacións de augas contaminadas desde a mina de Touro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  asinando o convenio co edil de Touro nunha imaxe da XuntaAsí, a Xunta anuncia hoxe un investimento de 60.000 euros para "evitar as inundacións que na actualidade prodúcense debido aos problemas de canalización que se rexistran en Fonte Díaz".


|

A pouco que chova, as balsas da antiga mina de Touro desbordan. Río abaixo, a primeira consecuencia son as imaxes de augas espumosas e de cor avermellada baixando polo leito do Portapego, que se adoita desbordar ao seu paso por Fonte Díaz, principal núcleo do municipio. A segunda consecuencia, denuncias de veciños e ecoloxistas, que acaban en inspeccións do Seprona e algunha multa de la Xunta ao grupo mineiro de Cobre San Rafael.




Portapego contaminacion touro fonte diaz

Un dos episodios de inundacións en Fonte Díez


En plena precampaña para as locais, a Consellería de Medio Ambiente anuncia un investimento público para paliar este problema creado en primeira instancia por unha explotación privada. Iso si, sen vinculalo nunca coa polémica mina de cobre abandonada, que Atalaya Minning pretende reabrir, e onde hoxe hai unha canteira.



Convenio medio ambiente concello de touro foto xunta

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda  asinando o convenio co edil de Touro nunha imaxe de la Xunta


Así, a Xunta anuncia hoxe un investimento de 60.000 euros para "evitar as inundacións que na actualidade prodúcense debido aos problemas de canalización que se rexistran en Fonte Díaz". O beneficiario é un Concello gobernado polo PP, favorable á discutida reapertura da mina de cobre e que xa investiu en canalizar as augas en Fonte Díez sen ser capaz de evitar os desbordamentos.


A mellora das "condicións de drenaxe" suporá "duplicar a canlización do arroio Portapego" coa instalación de "arquetas de acceso" e a reparación das beirarrúas danadas.


Este investimento de la Xunta súmase a outra recente do Goberno Galego vinculada a paliar os efectos da minería. Hai nada a Administración concendió unha importante subvención á patronal do subvención para elaborar contidos para nenos e concenciarlos así das bondades destas explotacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE