Convocada manifestación en defensa do galego na administración
A sentenza do Tribunal Supremo que tumba parte da ordenananza municipal de normalización lingüística de Lugo, suscita una mobilización a pé de rúa. Convócaa Queremos Galego, a plataforma composta por máis de 700 entidades.
A sentenza do Tribunal Supremo que tumba parte da ordenanza municipal de normalización lingüística de Lugo, suscita una mobilización a pé de rúa. Convócaa Queremos Galego, a plataforma composta por máis de 700 entidades.
Unha pasada protesta a prol do galego
A concentración será o mércores 6 de marzo, ás 12h fronte ao Concello de Lugo. Os organizadores consideran o ditame, , que ratifica outra anterior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), unha "unha aldraxe contra a dignidade do conxunto do pobo galego".
DESIGUALDADE LEGAL ENTRE LINGUAS
Quremos Galego argumenta que os xuices discriminan na práctica por razón de lingua; ao primar o "suposto dereito de descoñecemento do galego por parte das empresas emprestadoras de servizos á administración municipal fronte ao dereito a empregalo e ser atendido en igualdade de condicións por parte das e dos cidadáns". Cómpre lembrar á desigualdade de raíz existente na lexislación vixente; coñecer español é unha obriga, mentres que as linguas autonómicas son só un dereito nos seus correspondentes territorios.
"Que liberdade hai de empregar o galego se as empresas concesionarias da administración non teñen que ofertala? A única liberdade que vén de recoñecer o TS é a destas empresas para excluír aos falantes de galego de servizos públicos", engaden os activistas a prol da lingua propia do país.
Escribe o teu comentario